menú

O mellor de Netflix para abril, na túa televisión R

15/04/2021
Blog R

Queres coñecer as mellores novidades de Netflix para abril? Toma nota das novas series e pelis que non quererás perder nas próximas semanas.

‘El inocente’

O venres 30 de abril chega a Netflix ‘El inocente’, thriller protagonizado polo mozo de ouro do cine español e recente gañador dun Goya ao ‘Mellor Actor Protagonista’, o galego Mario Casas. El interpreta a Mat, que intervén nunha pelexa e se converte en asasino. Tras saír de prisión tenta refacer a súa vida, pero unha chamada cámbiao todo. A serie está baseada no libro de Harlan Coben.

‘Sombra y hueso’

Forzas sinistras conspiran contra unha moza soldado cando descobre un poder máxico que podería unir o seu mundo. Baseada nas novelas do Grishaverse de Leigh Bardugo. Cita coa mellor ciencia ficción en ‘Sombra y hueso’ dende o venres 23 de abril.

‘Los irregulares’

Londres, século XIX. Un grupo de adolescentes fóra do sistema ocúpase de resolver crimes sobrenaturais ás ordes do doutor Watson e o seu fuxidío socio, Sherlock Holmes. ‘Los irregulares’ é unha nova versión das aventuras dos soados personaxes de Artur Conan Doyle ambientadas, nesta ocasión, nun mundo de fantasía e superheroes.

‘Patrulla Trueno’

Melissa McCarthy e Octavia Spencer son dúas amigas da infancia que se converten nun pintoresco dúo de superheroínas cando unha delas inventa unha fórmula que lle outorga poderes especiais á xente normal. A comedia ‘Patrulla Trueno’ estréase en Netflix o venres 9 de abril.


Intriga, ciencia ficción, superheroes, humor… Xa ves que en abril temos contidos para todos os gustos con Netflix. Lembra que podes acceder directamente co deco 4K da túa televisión R. Tan fácil como pulsar un botón para desfrutar dos mellores contidos de entretemento. Non os perdas!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.