menú

Os nosos ñecos R terán a súa propia serie

28/12/2021
Blog R

Como o les, os populares ‘ñecos’ que podes ver nos nosos carteis e promos de R dan o salto ao mundo da tele en 2022.

Así, o próximo ano estrearemos unha serie infantil, de produción propia, que contará cos ñecos como grandes protagonistas.

Unha serie de produción propia e en galego

O noso obxectivo é entreter e educar os/as máis peques da casa, a partir dos seis anos, dunha maneira divertida e lúdica, seguindo a estela dos clásicos teleñecos.

Xa temos practicamente listos os primeiros episodios da serie, rodados en galego e cunha duración de 30 minutos. Chegan cargados de aventuras de astronautas, foguetes, polbos, ratos, robots… e moitos máis personaxes que farán as delicias do público infantil combinando aprendizaxe e diversión.

A amizade, a tolerancia ou o coidado do medio ambiente son só algúns dos temas que correrán a cargo dos intrépidos ñecos na serie.

Tampouco faltará a música, con pegadizas cancións e bailes que nenos/as, e non tan nenos/as, non deixarán de cantaruxar nos próximos meses.

Non perdas os nosos ñecos convertidos en estrelas da tele 🙂

ACTUALIZACIÓN: como algúns xa adivinastes, trátase dunha noticia publicada o 28 de decembro, co que é unha inocentada

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.