menú

National Geographic, ao rescate do Mediterráneo

28/05/2019
Blog R

O documental de produción propia “Salvemos nuestro Mediterráneo” é unha viaxe ao redor da costa mediterránea española co obxectivo de analizar os seus problemas e buscar solucións para a súa recuperación. Estréase o luns 3 de xuño, ás 22:00 h, dentro da programación “Especial Océanos”, en National Geographic. El Mediterráneo, protagonista en la televisión R.

Unha semana dedicada aos océanos

O 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. Por este motivo, National Geographic ofrece durante a primeira semana de xuño unha programación especial da que será estrela absoluta “Salvemos nuestro Mediterráneo”, documental de produción propia centrado na misión emprendida por un dos exploradores españois da Sociedad National Geographic, o biólogo mariño Manu San Félix, para deter a deterioración das costas e fondos mariños do Mediterráneo español.

Da man de exploradores expertos

Nesta aventura, San Félix conta con destacados aliados, bos coñecedores das augas do Mediterráneo, que comparten as súas inquietudes. Por exemplo, Pierre Yves Cousteau, fillo de Jacques Cousteau e nomeado “Ciudadano del mar” por Nacións Unidas, con quen descubrirá grandes extensións de zonas mortas no leito mariño, resultado da vertedura incontrolada de augas residuais dentro do Parc Natural de Ses Salines, un paraíso natural submarino situado entre as illas de Eivissa e Formentera.

Manu San Félix comparte tamén experiencias e busca solucións xunto a grandes expertos en conservación oceánica como o explorador Enric Sala, o profesor e investigador Carlos Duarte, o investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas, Enric Ballesteros, ou o experto do Museo da Universidade de Murcia, Emilio Cortés.

Tamén é moi importante a experiencia que achegan quen foron testemuñas do día a día da degradación das nosas augas. É o caso dun vello pescador da Costa Brava, que lembra un mar moito máis limpo que, de feito, pode contemplarse nunha antiga película de 1940 que visionan xuntos.

Que podemos facer para a recuperación?

Na súa procura de solucións, San Félix segue o curso da costa ata Andalucía para visitar a un dos chefs máis sorprendentes: o sevillano Ángel León, propietario e xefe de cociña do restaurante Aponiente, situado no Porto de Santa María (Cádiz). Grazas a novas técnicas que inclúen o aproveitamento de alimentos antes considerados como desbotables e mesmo o plancto para a elaboración de pratos exquisitos, móstranos as tendencias do futuro.

Con esta produción, Manu San Félix ten como obxectivo lanzar unha mensaxe de esperanza e contribuír á concienciación dos espectadores para reaccionar a tempo e reverter a situación do Mediterráneo para salvalo. É precisamente a través do encontro con estes científicos e expertos como analiza os principais problemas e ameazas, así como as posibles solucións para cambiar a situación.

Como ver “Salvemos nuestro Mediterráneo” en R

Podes ver “Salvemos nuestro Mediterráneo” se tes contratada a opción tv series ou calquera paquete superior de televisión R. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 50
  • León e Cantabria: dial 51

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.