menú

Nat Geo Wild dedica febreiro aos grandes felinos

11/02/2019
Blog R

Nat Geo Wild (dial 55) roxe máis forte que nunca para concienciar á poboación sobre a protección dos felinos. O especial ‘El mes de los grandes felinos’ inclúe unha recompilación de documentais que permiten coñecer mellor a estas especies, con estreas todos os domingos do mes ás 18:00 h. Os animais, protagonistas na televisión R.

Felinos en perigo

En todo o mundo venérase a estes maxestuosos animais pero, a pesar diso, atópanse entre as especies máis ameazadas do planeta. Un ano máis, eles son os auténticos protagonistas dun especial de programación que inclúe estreas como ‘El nacimiento de una manada’, ‘Los leones trepadores’, ‘Malika, la reina cazadora’ e ‘Las reinas felinas’, entre outros.

‘O mes dos grandes felinos’ é algo máis que un evento televisivo. É unha extensión da iniciativa ‘Big Cats’, un compromiso a longo prazo da Sociedad National Geographic para deter a delicada situación dos grandes felinos. Esta iniciativa global apoia activamente diferentes proxectos de investigación e conservación sobre o terreo para protexer as especies máis ameazadas.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.