menú

Nat Geo Wild, a nosa canle convidada en xullo

29/06/2021
Blog R

Se che gustan os animais e a natureza, en xullo non poderás despegarte da televisión R, xa que temos a canle Nat Geo Wild en aberto para todos os clientes a partir do luns 28 de xuño.

Propoñémosche o mellor encontro televisivo coa vida salvaxe. Queres coñecer as principais novidades e propostas de Nat Geo Wild para xullo?

Un clásico da canle: ‘Sharkfest’

‘Sharkfest’, un dos especiais máis exitosos de Wild, presenta en xullo un novo programa de estrea para as tardes dos sábados e dos domingos. Con el poderedes desfrutar das novas tempadas de ‘Cuando los tiburones atacan’ e de programas independentes como ‘Orca vs tiburón’ e ‘Los tiburones de Hawai’. E entre todos eles atoparédesvos cun protagonista de excepción: o archicoñecido actor Chris Hewsworth en ‘Chris Hemsworth: La playa de los tiburones’.

Chegan novos veterinarios: ‘Critter Fixers: Veterinarios Rurales’

En xullo, estréase tamén na canle unha nova franquía de veterinarios, unha das temáticas favoritas dos espectadores de Nat Geo Wild. Nesta ocasión descubriremos a América rural de Xeorxia e o traballo de dous novos e carismáticos veterinarios dedicados non só aos animais de granxa, dende un can cunha grave mordedura de serpes a un rabaño de ovellas. Son ‘Critter Fixers: Veterinarios Rurales’.

En xullo, o reino animal de Nat Geo Wild espérate no dial 117 da televisión R. E a partir de agosto podes desfrutar de Nat Geo Wild dentro do paquete TV total.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. 5mentarios di:

    ¿Han aparecido especies nuevas desde marzo?

  2. Lau di:

    Hoy día 22 me ha desaparecido ya y en su lugar hay fútbol… No tendría que estar todo el mes?