menú

Nat Geo Wild, canle en aberto en xuño

31/05/2019
Blog R

A partir do luns 3 de xuño, Nat Geo Wild (dial 55) emitirase en aberto para os clientes de televisión R.

Durante o próximo mes, se tes tv ocio ou tv series desfrutarás de forma promocional de todos os contidos que ofrece Nat Geo Wild. Terminado ese período, poderás seguir desfrutando desta canle contratando a opción tv familia.

Animais e natureza

Nat Geo Wild é unha canle dedicada aos documentais sobre a natureza e as incribles criaturas que a habitan.

En xuño, National Geographic Wild estrea a terceira tempada dunha das series emblemáticas da canle, “Savage Kingdom”, narrada por Charles Dance, coñecido polo seu papel de Tywin Lannister en “Juego de Tronos”.

Ademais, con motivo do Día Mundial dos Océanos, que se celebra o 8 de xuño, a canle ofrecerá a semana do 10 ao 15 de xuño un especial de programación dedicado aos mares e océanos do noso planeta. Inclúe a estrea de “Océanos Profundos”, documental que se mergulla en augas da Antártida.

“Los más peligrosos de África” tampouco falta á súa cita na canle, cun especial que reúne unha selección dos mellores momentos da serie e xunta dous dos contidos máis exitosos da casa: África e os depredadores.

Como ver Nat Geo Wild en R

Lembra, durante o mes de xuño, o reino animal de Nat Geo Wild agarda por ti en aberto na televisión R. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 55
  • León e Cantabria: dial 52

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

Un saúdo

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Xosé di:

    Olá
    Vexo tamén con sorpresa a incorporación de canles de música da empresa canadiense Stingray en substitución de SonR, tedes pensado a incorporacion de canles de Jazz, Blues, bandas sonoras…. Sería posible dalgún xeito saber que estamos a escoitar….