menú
Nat Geo Wild, nuestro canal en abierto en agosto

Nat Geo Wild, a nosa canle en aberto en agosto

03/08/2020
Blog R

Es un amante dos animais? Pois temos boas noticias para ti: os clientes de televisión R tedes a canle Nat Geo Wild en aberto durante todo o mes de agosto.

Unha canle dedicada aos animais e a natureza

Nat Geo Wild é o mellor encontro televisivo coa vida salvaxe. Trátase dunha canle dedicada aos documentais sobre a natureza e as incribles criaturas que a habitan, no que podes atopar as especies animais máis descoñecidas, insólitas e perigosas e tamén algunhas persoas que fixeron do coidado e estudo dos animais a súa forma de vida. O popular doutor Pol ou a ‘Veterinaria Todoterreno’ son algúns dos personaxes máis emblemáticos e queridos da canle.

Este mes estrean tres series documentais cheas de animais exóticos que te sorprenderán.

‘Los secretos naturales del ecuador’

A partir do 2 de agosto, adéntrate no fascinante hábitat das selvas húmidas, grandes arrecifes e montañas nevadas do ecuador, onde viven máis da metade das especies do mundo. Animais exóticos e diversos que che deixarán coa boca aberta.

‘El linaje de los depredadores’

Ao día seguinte, o luns 3, Nat Geo Wild estrea unha serie de seis episodios que segue a vida diaria de varios animais durante tres anos. Baixo o fío condutor da liñaxe, fundamental para a supervivencia destas especies, descubrirás dramáticos asasinatos, amoríos, nacementos, vitorias e fracasos.
El linaje de los depredadores

‘Los animales más raros de Sudamérica’

Apetéceche adentrar na natureza suramericana sen moverte do sofá? A partir do 12 de agosto non perdas esta serie de tres episodios que che descubrirá os seres máis sorprendentes, dende especies que evolucionaron durante miles de anos da forma máis estraña aos depredadores máis exóticos.

Toma nota, en agosto, o reino animal de Nat Geo Wild espérate no dial 117 da televisión R. E a partir de setembro podes desfrutar de Nat Geo Wild dentro do paquete TV total.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Marisa Gonzalez Garcia di:

    Conreato R
    Jose Antonio Guerreiro Sanchez