menú

Nat Geo Wild, canle en aberto en setembro

31/08/2018
Blog R

A partir do luns 3 de setembro, Nat Geo Wild (dial 55) emitirase en aberto para os clientes de televisión R.

Durante o próximo mes, se tes tv ocio ou tv series desfrutarás de forma promocional de todos os contidos que ofrece Nat Geo Wild. Terminado ese período, poderás seguir desfrutando desta canle contratando a opción tv familia.

Unha canle dedicada aos animais e á natureza

Nat Geo Wild é o mellor encontro televisivo coa vida salvaxe. Trátase dunha canle dedicada aos documentais sobre a natureza e as incribles criaturas que a habitan.

En setembro, estrea ‘Photo Ark’, miniserie que mostra o singular traballo fotográfico de Joel Sartore no seu empeño por crear unha versión moderna do Arca de Noé que conteña todas as especies animais, algunhas delas en perigo de extinción ou mesmo xa desaparecidas.

Batallas salvaxes

Tampouco faltarán especiais dedicados ao comportamento animal e as loitas que cada día se producen entre diferentes especies. Os animais fan todo para sobrevivir e para manter aos seus nas mellores condicións posibles. Mostra diso poderemos vela en ‘Especial Batallas Salvajes’.

Tamén en setembro, o pescador profesional Mike Iaconelli mostraranos como as cidades esconden grandes exemplares de peixes nas súas charcas, estanques, canles, ríos e sumidoiros.

Lembra, durante todo setembro, o reino animal de Nat Geo Wild espérate no dial 55 da televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

5 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Pilar di:

    Otras compañías ofrecen tv total por un menor coste que R, ¿ No sería posible que a clientes de cierta antigüedad, R ofreciese tv total por un módico precio?.
    Soy cliente de R y estoy considerando cambiarme de compañía por este motivo.
    Atentamente, Pilar

    • Hola, Pilar.

      ¡Lamentaríamos mucho tu decisión! En R buscamos ofrecer un servicio de calidad y para todos nuestros clientes. En televisión, por ejemplo, regalamos el paquete básico a los clientes con una tarifa de móbil ilimitada. Y el paquete superior sólo cuesta 10€ más al mes. Creemos que es un precio justo para todos los canales de los que puedes disfrutar.

      Además, Pilar, cada mes tenemos un canal en abierto para todos, como es el caso de Nat Geo Wild este mes de septiembre.

      Un saludo.

  2. Avatar Víctor di:

    Pequenas dúbidas de uso do desco 4K.

    Un cliente que teña o paquete Familia 4K, máis aínda se ten a Opción Cine, atópase ante unha inmensa maraña de películas e máis películas.

    1. ¿Hai actualmente algún xeito de filtrar ese mega-listado para atopar o que a un lle interesa?

    Falo de poder saber cales son as novas películas dispoñibles dos últimos días en calquera canle, ou filtrar películas por canle, ou as dúas cousas xuntas. ¿E ordear por ano do filme?

    2. Cando logo de desentrañar esa maraña fabulosa de títulos o consumidor xa sabe o que quere ver, e ten unha escolma de títulos que lle interesan, ¿hai algunha lista onde poder gardalas?

    No seu dia se dixera que se pode dar a gravalas, e telas ahí; pero as películas que non se están a botar en directo, senón que xa levan tempo no rebobina, non se poden “gravar”, e iso descarta a maior parte da oferta dispoñible.

    A lo menos eu non fun quen de achar como facelo.

    E iso me extraña. Se fose así, o consumidor non podería facer máis nada que voltar a buscar todo dende o principio, e normalmente a xente non pode facer semellantes batidas entre centos de títulos cada pouco tempo…

    Supoño que algo hai e non o souben atopar.

    3. ¿Canto tempo permanecen dispoñibles as películas gravadas polo usuario?

    Nalgún lugar lín 30 días. ¿É certo? Entón, se a película vai a estar dispoñible 365 días, logo de pasados eses trinta.. ¿bórrancha igual e tes que voltar a engadila?

    Iso obligaríache a facer outra vez unha batida buscando títulos entre a oferta existente, e repetilo unha vez ao mes…

    Outra. Dúbida técnica se tes un equipo de cine en casa 5.1 instalado. ¿Cál é a mellor opción de conexión para disfrutar dos contidos con son DD 5.1,DTS 5.1 ou análogos, emitidos a través do desco?

    Última. ¿Os contidos da canle Odisea 4K subidos ao Rebobina están en 4K ou en HD?

    Polo demais, gustaríame felicitarvos -con especial énfase- polo desenrolo feito arredor do desco 4K, o cal supón un máis que interesante avance técnico sobre a plataforma HD, e abre un interesante abanico de posibilidades por diante.
    Nembargantes, e logo dun ano, deberiades ter coidado un pouquiño máis a experiencia que proporciona ao usuario en termos de usabilidade. Aportación en valor para facer o que o consumidor necesita.

    A experiencia acaba sendo o decisivo.

    Gracias polo voso tempo.