menú

Nat Geo Wild, en aberto, en marzo

01/03/2021
Blog R

Gústanche os animais e a natureza? A canle Nat Geo Wild está en aberto para todos os clientes da televisión R en marzo, coincidindo coa celebración de varios días internacionais relacionados coa natureza ao longo do mes: o 21 de marzo celébrase o Día Internacional dos bosques; o 22 é o Día Mundial da auga; e o 27 ten lugar a chamada Hora do Planeta.

Nat Geo Wild é unha canle especializada en documentais sobre a natureza na que podes atopar as especies animais máis descoñecidas, insólitas e perigosas. En marzo, do luns 8 ao sábado 13, a partir das 18:00 h, a canle preparou un ‘Especial Serpientes’ no que poderás coñecer diferentes especies destas esquivas criaturas que viven nunha ampla variedade de hábitats.

Para o luns 22 de marzo, Día Mundial da auga, a canle preparou un maratón especial con diferentes documentais relacionados con esta temática, entre eles La inundación del Okavango’, ‘Los secretos naturales del ecuador’ ou ‘Misisipi salvaje’.

Na canle tamén son protagonistas algunhas persoas que fixeron do coidado e estudo dos animais a súa forma de vida. Tal é o caso da Dra. K, que dirixe unha das clínicas veterinarias máis concorridas do sur da Florida pola que viu pasar dende cabras a monos, paxaros, coellos, peces e todos os animais imaxinables.

A partir do domingo 21, Nat Geo Wild tamén nos desvelará ‘Los secretos naturales de Asia’. Alí atópanse algunhas das paisaxes máis incribles do mundo, dende os picos das montañas do Himalaya ata as selvas tropicais.

Non perdas o mellor encontro televisivo coa vida salvaxe. En marzo, o reino animal de Nat Geo Wild espérate no dial 117 da televisión R. E a partir de abril podes desfrutar de Nat Geo Wild dentro do paquete TV total.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Xosé di:

    Dende fai días emiten canal 24h (TVE) e telemiño (La región) en HD na TDT, cando no cable de R….?