menú

National Geographic analiza as batallas máis importantes da II Guerra Mundial

16/01/2019
Blog R

‘Nazi Megaestructuras’ volve á televisión R o luns 21 de xaneiro ás 22:00 h. National Geographic (dial 50) estrea os novos episodios nos que se analizan as batallas máis importantes da Segunda Guerra Mundial entre estadounidenses, nazis e xaponeses.

Nat Geo mergúllase en xaneiro en ‘Nazi Megaestructuras’, onde examina a mentalidade militar e o desenvolvemento tecnolóxico de cada bando da Segunda Guerra Mundial mediante a arqueoloxía do campo de batalla.

Nesta tempada, ‘Nazi Megaestructuras: la guerra en Estados Unidos’, a canle visita os restos de impresionantes construcións militares, dende a fronte do Pacífico ao norte de Europa. A canle analiza estas batallas con imaxes históricas e recreacións que ilustran a exploración destes escenarios bélicos, ademais de contar coa opinión de historiadores e especialistas de reliquias de guerra.

De Pearl Harbor ao desembarco de Normandía, entre outros

O primeiro episodio, ‘Pearl Harbor’, conta a extraordinaria historia de como Xapón planeou e levou a cabo o sorpresivo ataque aéreo sobre a armada estadounidense en Hawai.

A seguinte semana, a canle estrea ‘El código de los guerreros japoneses‘. En xuño de 1944, os xaponeses batíanse en retirada ao longo do Pacífico. Nesas circunstancias, na illa de Saipán, afrontaron unha batalla crucial.

O terceiro episodio versa sobre ‘El Día D’, que conmemora o Desembarco de Normandía. Este feito cambiou a historia e o devir dun dos conflitos máis cruciais da historia contemporánea, ao desembarcar as forzas aliadas nas praias de Normandía para frear o avance do exército alemán.

O capítulo ‘La isla de la muerte de Japón’ mostra como os xaponeses sufriron derrotas con consecuencias catastróficas. En Peleliu, os xaponeses construíron unha megaestructura defensiva do ancho da illa.

‘La ofensiva final de Hitler’ analiza o último intento de Hitler por gañar a Segunda Guerra Mundial. Foi durante o inverno, cun ataque sorpresivo contra a fronte menos defendida dos aliados: as Ardenas.

Por último, ‘Japón fortificado’ narra a historia dos últimos meses de Xapón na Segunda Guerra Mundial. Cando os Estados Unidos ameazaron coa invasión, os xaponeses converteron o seu país nunha fortificación e despregaron unha nova e temible arma: os bombardeiros suicidas.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.