menú

Nat Geo estrea “Córdoba: Misterios ocultos”

12/12/2019
Blog R

O domingo 15 de decembro imos a Córdoba coa televisión R. National Geographic estrea ás 22:00 h o documental de produción propia “Córdoba: Misterios Ocultos”.

“Córdoba: Misterios Ocultos” acompaña o explorador e arqueólogo de National Geographic Fabio Amador polos vestixios ocultos da cidade de Córdoba, que volverán á vida grazas a representacións dixitais.

Unha viaxe dixital pola historia da cidade

Coa axuda de arqueólogos e historiadores, as novas tecnoloxías permitirán desenterrar este pasado eliminando capa por capa as contribucións de cada unha das grandes culturas que embeleceron Córdoba, chegando ás orixes desta cidade universal.

Así, os espectadores poderán descubrir as rúas, monumentos, arte e cultura de Córdoba, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O seu pasado milenario procede da herdanza de romanos, visigodos, árabes, xudeus e cristiáns.

Cada unha destas culturas deixou unha vasta herdanza na cidade, cambiando a súa aparencia, alterando os seus monumentos e, en moitos casos, ocultando fitos do pasado e tesouros que agora imos descubrir.

Como ver “Córdoba: Misterios ocultos” en R

Só debes ter a opción ocio da túa televisión R. Apunta o dial da canle National Geographic.

  • Galicia: dial 50
  • León e Cantabria: dial 51

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.