menú

Nadal, finalista do Open de Australia

24/01/2019
Blog R

Eurosport 1 (dial 70) emite en directo e en exclusiva a final do Open de Australia, na que Rafa Nadal buscará o que sería o seu segundo triunfo no torneo. A cita é o domingo 27 de xaneiro ás 09:30 h. O mellor tenis, na televisión R.

O tenista español disputará a final do primeiro primeiro Grand Slam da tempada tras vencer en semifinais ao grego Tsitsipas. Enfrontarase a Novak Djokovic, que derrotou ao francés Lucas Pouille.
Sorte, Rafa!

Cobertura especial do torneo

Eurosport 1 (dial 70) e Eurosport 2 (dial 71) emiten do 14 ao 27 de xaneiro en directo e en exclusiva o Open de Australia. Os mellores partidos do torneo pódense ver en Eurosport 1, mentres que Eurosport 2 centrarase cos tenistas españois.

Os afeccionados ao tenis poden desfrutar dunha amplísima cobertura do Open de Australia, con dúas semanas ininterrompidas nas que se ofrece a xornada íntegra, dende a 1:00 h da madrugada ata aproximadamente as 14:30 h da tarde.

Ademais, Eurosport 1 emite a diario, ás 14:15 h, o programa ‘Game, Schett and Mats’. Está presentado por Mats Wilander, gañador de 7 Grand Slams, e Barbara Schett, exxogadora profesional. O estudo dende o que se realiza está localizado no corazón do Melbourne Park, tendo como fondo unha espectacular vista da Rod Laver Area.

A cobertura complétase coa emisión de ‘Game, Schett and Mats Extra’, un espazo que se emite en directo ás 9:00 h da mañá. Nel, Wilander analiza os mellores partidos do día a través de vídeos e tamén se ofrecen as reaccións dos xogadores xusto despois de acabar os seus partidos.

Final Nadal-Djokovic, o domingo 27 de xaneiro na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Ana R. R. di:

    Siendo cliente de R, puedo alquilar para ver sólo este partido….???
    Cual sería el trámite para poder verlo…???
    Gracias.

  2. Avatar MARIA BEGOÑA REBÓN di:

    Yo el dial 70 no lo veo es de pago ó en abierto