menú

Un Nadal con Disney

11/12/2019
Blog R

Como nos gusta o Nadal!. E a Disney tamén. Así que nos reunimos na televisión R para ofrecerche un especial Nadal Disney que tes dispoñible gratis en rebobina dende o luns 9 de decembro.

Nin máis nin menos que 53 episodios das túas series favoritas de Disney cun denominador común: o Nadal. Inclúe unha selección das súas series máis emblemáticas e novos episodios de estrea das súas tres canles.

As túas series Disney favoritas espérante para un Nadal especial

As series máis destacadas de Disney propuxéronse darnos o mellor de si este Nadal.


Dende Disney Channel chegan “Bizaardvark”, “Coop & Cami”, “Elena of Avalor”, “Star contra las fuerzas del mal”, “Campamento Kikiwaka”, “Mickey Mouse”, “Liv y Maddie”, “Jessie” e “Austin & Ally”.

Empezamos con música, que sempre vén ben para animar as festas. Póñena Paige e Frankie en “Bizaardvark”. Estas dúas amigas gravan e editan videoclips de cancións divertidas para compartilos na súa propia canle online.

Tamén nos atopamos con Elena, unha princesa atípica. Salvou o reino encantado de Ávalor dunha feiticeira malvada e agora debe gobernar o reino como herdeira ao trono.

Mickey Mouse, a icona

E non podía faltar Mickey Mouse. É seguramente o personaxe máis emblemático de Disney. O xenial rato vai camiño de ser un centenario, xa que foi creado en 1928. E a punto estivo de chamarse Mortimer, pois ese é o nome que inicialmente pensara para el o seu creador. Que tal vos soa o rato Mortimer Mouse? Mickey e os seus amigos tamén chegan con novas aventuras este Nadal.

 


 

En Disney XD

A comitiva do Nadal de Disney Junior encabézana os “Green”, “PatoAventuras”, “Furiki”, os “Vengadores de Marvel”, “Spider-Man”, “Guardianes de la Galaxia” e Phineas e Ferb.

Deixaramos aos Green adaptándose á súa nova vida na gran cidade. Como afrontarán o Nadal na urbe?

A banda de superheroes máis activa non descansa estas Festas. Sempre hai viláns que perseguir e ameazas que combater. Os “Vengadores” de Marvel protéxennos.

Os medio irmáns unidos serán intocables, ou non? As falcatrúas de Phineas e Ferb traen de cabeza á familia. O seu gran aliado é Perry, o ornitorrinco que exerce como axente dunha organización secreta que loita por salvar o mundo do maléfico Dr. Doofenshmirtz.

Outlet de R Lenovo D330 4GB + 64GB

Disney Junior e as súas aventuras do Nadal

O cadelos Bingo e Rolly, a “Doctora Juguetes”, “Fancy Nancy Clancy”, a “Guardia del León”, “Jake & e los Piratas de Nunca Jamás”, a “Princesa Sofía” e “Vampirina” son os representantes do Nadal de Disney Junior na nosa televisión R.

Como nos vestiremos estas festas? Seguro que Nancy nos pode dar bos consellos sobre que roupa elixir para as datas especiais.

Se o teu son as aventuras por terra, mar e aire, seguro que che apaixonan as novas peripecias de Jake e os seus amigos protexendo con uñas e dentes a illa do capitán Garfio e os seus secuaces.

Como celebrarán o Nadal en Pennsylvania? Parecerase á de Transilvania? Vampirina pódenos axudar a descubrilo.

Outlet de R Lenovo D330 4GB + 64GB

O mundo de fantasía creado por Walt Disney segue dándonos grandes personaxes e grandes momentos. Este Nadal, tes cita coa maxia de Disney na túa televisión R. Non a perdas!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.