
Un Nadal con Canal Panda en aberto
Xa está aquí o Nadal! Este ano xogaremos, aprenderemos idiomas, descubriremos novas culturas, reciclaremos e mesmo nos converteremos en “cocinillas”. Como? Na televisión R propuxémonos que este Nadal fose máis especial que nunca para os máis pequenos da casa. Dende o luns 2 de decembro, a canle Panda está en aberto para todos os/as clientes/as.
Aínda non coñeces a Masha, Duggee, Cleo & Cuquín, Los hermanos Kratt, Pingu, Fred ou Luna? O seu lugar de encontro é Canal Panda, unha cadea de televisión infantil dirixida a nenos de entre 4 e 9 anos.
Unha canle pensada para os nenos
A súa programación está especialmente deseñada para os nenos e nótase nos seus contidos, sempre divertidos, amables, tolerantes e comprometidos. A canle mesmo ten unha mascota, que tamén se chama Panda.
As súas producións son maioritariamente españolas e distribúense en tres franxas horarias: preescolar, infantil e series de sempre. En ningunha delas faltan as series de aventuras e viaxes repletas de personaxes intrépidos e entrañables.
Sabedes cal é a palabra favorita da canle Panda? Crear. Aprendemos a facer disfraces, cofres para gardar tesouros, dinosauros e ata un helicóptero en “Panda y la ciudad de cartón“; sacamos ao artista que todos levamos dentro con “A cuadros”; ou descubrimos ese lugar no que calquera baile do mundo se pode facer realidade en “Baila con Panda y Lola”. Preparado?
Premios e recoñecementos
Os de canal Panda entenden moito de premios. As súas series son asiduas a galas de premios. Dámosche un par de exemplos:
A pequena Masha recibiu o Premio 2015 Kidscreen á mellor serie de animación infantil; o Premio á mellor serie de televisión no Festival de Animación de Bradford en Reino Unido; e o Premio do xurado na 14ª edición do Festival de Cine Internacional ‘Schlingel’ en Alemaña.
Os intrépidos irmáns Kratt é unha serie avalada por premios como o Silver Parents’ Choice Awards e unha nominación ao Emmy.
E este Nadal, que nos espera en Canle Panda?
Para empezar, Panda proponnos un Nadal con especiais de Naturgato e Luna. Apetéceche?
O marsupial Leo, a bolboreta Carmen e a ra Andy son tres amigos que percorren o mundo co espectáculo do “Circo Fabuloso” no que traballan os seus pais. E teñen en Luna a unha amiga que os guía en cada destino e lles ensina o idioma ou os costumes locais. Apúntate a coñecer novas culturas con ¡Vamos, Luna!
O gato Fred está a desexar explorar as marabillas do exterior. Só hai un pequeno problema: ten cero instinto para a natureza. Pero aí está a súa cuadrilla de amigos para axudalo. Acompañamos a Fred no seu paseo pola natureza?
Chegan “Los Superminihéroes”
“Los Superminihéroes” é unha nova serie de aventuras que estrea Canal Panda. Nela, uns divertidos animais son quen de converter os seus pequenos “defectos” en superpoderes e así transformarse en auténticos heroes. Todos somos Superminihéroes en potencia!
Con novos episodios de Alice e o seu Unicornio
E non podiamos ter unha canle infantil sen unicornios, polo menos un. Alice non cre en unicornios nin “cousas raras”. Pero na súa festa de aniversario preséntase un invitado inesperado: un Unicornio. E dende ese momento debátese entre querelo como o seu novo mellor amigo ou odialo por entrometerse na súa ordenada vida. A serie está baseada nun libro do mesmo nome.
Ocórreseche algún plan mellor para este Nadal? Non perdas Canle Panda en aberto en decembro. A desfrutar!
E recorda que a partir de xaneiro podes seguir gozando de Panda coa opción nenos por só 5€/mes.
16 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Non me parece un bon agasallo deixar esta canle en aberto por Nadal, xa que está dirixida so a nenos. Poderiades incluir algo para usuarios de cine e series polo prezo que facturades. Bo nadal.
Ola, Inés.
Todos os meses abrimos unha canle. Intentamos sempre abarcar diferentes públicos e temáticas.
Pensamos que desta vez, polas datas nas que estamos, abir unha canle infantil sería interesante para os cativos da casa.
En rebobina, por exemplo, temos agora un especial gratuíto cunha vintena de películas do Festival Internacional de Xixón.
Bo nadal tamén para ti e os teus.
Un saúdo.
Tengo que resintonar el aparato para verlo?
Hola, Remedios.
No es necesario. Si en tu caso no lo ves, prueba a reiniciar el descodificador de la corriente para que actualice la información.
Un saludo.
Unha pregunta, para ó móbil no hai ningunha promoción? É que por exemplo en Vodafone regalan datos ilimitados. Xa poderiades facer algo así. Bo nadal de antemano!
Ola, Adrián.
As ofertas e promocións para os que xa son clientes, se poden atopar aquí: http://i.r.gal/promos.
Un saúdo e Bo Nadal.
Que número o dónde encuentro el canal ?
Hola, Felipe.
Está en el dial 152
Saludos.
moito rollo e … ¿cal e o nº do canle, e tan complicado decilo?
Ola.
A canle está no dial 152.
Un saúdo.
Resintonicei o aparato e segue sen aparecer a canle panda. Cal é o problema?
Ola, Vero.
Para poder revisar o que acontece é necesario revisalo cos compañeiros de soporte técnico. Podes contactar con eles desde aquí: http://i.r.gal/9n.
Un saúdo.
Hola esa canle deberia estar xa incluida no paquete da tele total non ten sentido que haxa que pagar outro paquete solo por esa canle. Muy mal e fatal tamen que non apareza nick junior no rebobina
Ola, Cristina.
A canle Panda, polo de agora, forma parte da opción infantil de televisión, polo que é necesario contratar a opción.
Tomamos nota da túa suxerencia e se hai algunha novidade ao respeto, publicarémolo polas canles habituais.
En relación a que a canle Nick Jr inclúase en rebobina, non depende de nós, se non dos permisos que nos dá a propia canle.
Un saúdo.
Outra pregunta, é que i.r.gal/promos di que non existe a páxina, onde podo mirar as promos?
É estraño, xa que acabo de revisar a ligazón e parece que funciona correctamente. Están no apartado “promos para mín” da app móbil e da túa páxina web http://i.r.gal/cli-promos
Nese apartado é onde imos informando de todas as promocións que sacamos para os que xa sodes clientes.
Un saúdo.