menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Música con Tolemias para empezar o curso

07/09/2018
Blog R

Música nacional e internacional en Tolemias en setembro. De Bunbury, Fito & Fitipaldis & Andres Calamaro e Vanesa Martín a Eric Clapton, Ed Sheeran ou Kylie Minogue.

Bunbury

Tolemias presenta ‘Madrid, Área 51’, gravado no concerto que ofreceu Enrique Bunbury en xuño de 2014 no Palacio dos Deportes da Comunidade de Madrid para presentar o seu disco ‘Palosanto’. Inclúe 26 cancións.

Carlos Baute

‘Directo en tus manos’ recolle o concerto gravado no palacio de Vista Alegre en xuño de 2010. Conta coa participación de Marta Sánchez, Nek, Pastora Soler e Alex Ubago. O disco ‘De mi puño y letra’ recolle o gran éxito ‘Colgando en tus manos’, con máis dun millón de descargas legais, número un en 12 países e máis de 50 semanas no nº 1 da listas de vendas de cancións en España.

Fito & Fitipaldis e Andrés Calamaro

‘2 son multitud’ converteuse nun espléndido concerto que lembra os momentos en que ambos os dous artistas actúan xuntos, tanto ao principio como ao final do show. Aquí non falta nin ‘Soldadito marinero’ nin ‘Flaca’.

Francisco Céspedes

Francisco Céspedes volve a Cuba, país que o viu nacer, nun concerto no que está acompañado por grandes músicos cubanos e que conta cunha participación especial do lendario compositor e cantautor Pablo Milanés.

Hombres G

Documental que conta a xestación e posterior éxito do primeiro disco de Hombres G.

Iván Ferreiro

Iván Ferreiro recupera nesta actuación as súas mellores cancións en solitario e tamén os grandes éxitos que tivo na súa etapa con Piratas. Enmárcase visualmente nunha habitación de hotel.

Loquillo

Tras case corenta anos de carreira, Loquillo ofreceu un dos maiores concertos da súa vida na madrileña Praza das Vendas. Unha cita histórica na que Loquillo encadeou un tema tras outro; non faltaron os seus grandes éxitos, xunto a novos temas extraídos do seu recente álbum ‘Viento del Este’.

Vanesa Martín

Concerto acústico coas cancións dos seus tres discos e un tema inédito, ‘Adiós de Mayo’.

E, ademais, concerto de estrelas internacionais como Blake Shelton, Crosby & Nash, Ed Sheeran, Eric Clapton and Steve Winwood e Kylie Minogue.

Subscríbete a Tolemias por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.