menú

Arrinca o Mundial de Motociclismo en DAZN

04/03/2022
Blog R

Os afeccionados ás motos teñen en marzo unha cita indispensable, xa que arrinca MotoGP™, o Campionato Mundial de Motociclismo.

A posta de longo da nova tempada de MotoGP™ é o domingo 6 de marzo.

A partir das 13:00 h, e dende o Circuíto Internacional de Losail, cita no Gran Premio de Catar con DAZN, o primeiro dos 21 grandes premios dos que gozaremos na tempada 2022.

Revalidará título o francés Fabio Quartararo? Volverá Marc Márquez ao trono? Teremos novo campión? Joan Mir, Pecco Bagnaia, Jorge Martín ou o rookie (debutante) Raúl Fernandez, serán algúns dos nomes que pelexarán esta tempada por ser o novo Campión do Mundo de MotoGP.

Estas son as citas en MotoGP™ en marzo:

  • domingo 6 de marzo: Gran Premio de Catar
  • domingo 20 de marzo: Gran Premio Pertamina de Indonesia

Non perdas as citas coa nova tempada de MotoGP™ en DAZN, o servizo de streaming dedicado aos deportes que permite gozar das retransmisións en directo e ademais volver vivilas cando ti queiras.

E por que contratar DAZN a través de R? Porque dispoñemos dunha promoción especial grazas á que che ofrecemos 3 meses de agasallo do servizo. Sen compromiso de permanencia e co pagamento integrado na factura de R.

Podes contratar DAZN de forma rápida e fácil a través da área de cliente ou da app de cliente. Úneste?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.