menú

Mulleres contadas por mulleres en Play-Doc TV

25/09/2019
Blog R

En outubro, novas e aclamadas cineastas mostran o seu compromiso cunha das grandes loitas sociais do noso tempo. Tes na televisión R cinco extraordinarias historias de mulleres contadas por mulleres que poñen de manifesto a importancia do cine como ferramenta para visibilizar o “empoderamento” feminino e a súa loita.

“Bobbi Jen”

“Bobbi Jen” é a segunda e multipremiada película da directora danesa Elivira Lind. Nela asistimos á loita dunha muller pola súa independencia. Bobbi é unha recoñecida bailarina de danza norteamericana que asume incribles retos persoais e profesionais para alcanzar os seus soños, malia moverse nunha contorna hostil.

“Sonita”

Perseguir soños, enfrontarse ás adversidades e ser fiel a unha mesma é tamén o motor que move as vidas de Sonita e Silvana.

Sonita é unha moza afgá que entrou en Irán sen papeis e busca sobrevivir nos barrios baixos de Teherán. Un retrato fascinante dunha moza en plena explosión creativa musical que contrasta coa falta de liberdade da sociedade na que lle tocou vivir. A película obtivo decenas de galardóns, entre eles o Gran Premio do Xurado e do Público no Festival de Sundance.

“Silvana”

Silvana, do mesmo xeito que Sonita, tamén combate o mundo a través da súa música. Coas súas cancións intransixentes contra toda forma de opresión, conseguiu cativar o público do seu país e converteuse nunha activista e icona internacional da comunidade queer. Un documental inspirador que explora novas formas narrativas e que pretende seguir empuxando unha revolución onde as mozas se convertan en creadoras, artistas e líderes.

“Ouaga Girls”

“Ouaga Girls” desenvólvese nun contexto moi diferente. Na capital de Burkina Faso, un grupo de mozas estudan nunha escola para converterse en mecánicas de coches. Entre martelos e chaves inglesas comparten risas, irmandade e amizade. Os seus soños e desexos mestúranse cos valores dun país e coas expectativas da sociedade que as rodea sobre como debe ser supostamente unha muller.

“Amazona”

Que fai que unha muller sexa boa nai? É necesario renunciar aos teus propios soños, por extremos que sexan, cando tes fillos? En “Amazona” coñeceremos unha historia fascinante entre dúas mulleres, unha relación nai e filla que nos sitúa fronte a un dilema moral sobre os límites da liberdade e a responsabilidade. Clare Weiskopf, a directora do filme, tiña 11 anos cando a súa nai fuxiu á xungla colombiana, abandonándoa a ela e ao seu irmán pequeno. Trinta anos despois, Clare queda embarazada e decide reencontrarse coa súa nai para procurar respostas e pechar feridas.

Como ver Play-Doc?

Podes ver Play-Doc TV se tes contratada a opción tv familia ou un paquete de televisión superior.

As películas de Play-Doc están dispoñibles a través de rebobina. Accede co teu mando de R a rebobina ao destacado de Play-Doc e mira cando queiras os contidos dispoñibles, que cambian cada mes.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.