menú

MTV, canle en aberto en novembro

30/10/2018
Blog R

A partir do venres 2 de novembro, MTV (dial 31) emitirase en aberto para os clientes de televisión R.

Durante o próximo mes, se tes tv series desfrutarás de forma promocional de todos os contidos que ofrece MTV. Terminado ese período, poderás seguir desfrutando desta canle contratando a opción tv familia.

A canle da diversión e a música

MTV (dial 31) é unha canle co entretemento garantido con realities tan populares como ‘Alaska & Mario’, ‘Castfish: mentiras en la red’, ‘La venganza de los Ex’ ou ‘Jersey Shore’.

En novembro, chegan á canle dúas novas series: ‘¿Amantes o farsantes?’, que se estrea o domingo 4 de novembro ás 23:00 h, e ‘Safeword’, cuxa estrea está prevista para o sábado 10 de novembro ás 13:00 h.

MTV EMA 2018

Pero se hai unha data especial no calendario de novembro en MTV é o domingo 4. Ese día, a canle emite os MTV EMA 2018, a gran festa da música, cos artistas máis importantes nacionais e internacionais e que este ano se celebra en Bilbao. A programación especial dedicada ao evento inclúe conexión coa Alfombra Roja, entrevistas coas celebrities do momento e, por suposto, a emisión en directo da gala a partir das 21:00 h.

Lembra, durante todo novembro, MTV espérate no dial 31 da televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Fernando di:

    Vaya canal nos ha tocado, no hay otro con nivel cultural peor