
MTV 90s, a mellor música en aberto en outubro
Apetéceche unha viaxe musical no tempo que nos leve a unha década histórica: a do Girl-Power, o Britpop e o Grunge? A partir do luns 5 de outubro temos en aberto para todos os clientes de televisión R a canle MTV 90s, ata o de agora chamada MTV Rocks.
A nova MTV 90s ofrece a mellor banda sonora de throwbacks, números 1 atemporais, grandes himnos dance e incribles “ temazos” de grupos míticos como Take That, Backstreet Boys e Oasis, entre outros moitos. Unha canle na que os fans poderedes rememorar os anos dourados das Spice Girls e o Britpop e volver desfrutar dos MTV unplugged máis icónicos protagonizados polos maiores artistas internacionais.
Porque os 90 son unha década de música con identidade propia que nunca deixou de soar e que nunca pasou de moda, e non só no musical. A que vos viñeron á mente máis dunha serie ou peli actual con estética ‘oitenteira’ e moito éxito?
Novas canles e a mellor música
MTV aposta pola boa música en todos os seus estilos e épocas, reformulando agora MTV Rocks e VH1 Classic como MTV 90s e MTV 80s, respectivamente.
MTV 80s, pola súa banda, traerá de volta ao espectador á que se considera a época dourada da música. Michael Jackson, Madonna, Prince e George Michael, entre outros moitos, encherán as pantallas de nostalxia cos seus eternos hits e románticas baladas.
A oferta musical de MTV na nosa televisión R complétase con MTV Hits, ese mix perfecto composto polos éxitos de antes, os de agora e os que sabemos que o serán no futuro; Club MTV, a canle que nunca dorme; MTV Live HD, a mellor playlist ininterrompida dos maiores hits mundiais; e MTV Music 24, o lugar onde se reúnen os éxitos do momento.
Así que, xa sabes, prepárate para desfrutar da mellor música en outubro coa nosa televisión R. E a partir de novembro podes dispoñer da canle MTV 90s dentro do paquete TV total.
1 comentario
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Tratase dun mero cambio cara e de nome nas canles de MTV que R aínda non levou a cabo na sua grella, MTV ten unha programación adicada só a certos xéneros musicais non engloba outros tipos de música nos países onde comercializa a súa oferta, o seu menú musical cubre principalmente os xéneros pop, rock ou hip hop…. ditas clasificacións musicais son só en idioma inglés. R non dispon na sua grella de canles adicados a xéneros coma o indie, blues, jazz, clásica, danza, galega… Por outra banda a calidade das canles de Viacom deixa moito que desexar tanto en música (deixandose levar polas listas de ventas) como en calidade de imaxe case que tódalas canles en SD… Atras quedou o concepto unplugged, concerto onde os músicos se ‘desenchufanvan’ en sesiones intimistas, dando paso a espacies de Gran Hermano e demáis aberraciones, reality shows onde obligan a representantes da fauna juvenil a convivir nunha casa chea de cámaras e micrófonos… Ou a difusión do bastardo lenguaxe do videoclip, unha esponxa que se aproveita do cine, a publicidade e tódalas fontes visuais posibles para fortalecer a indústria e os intereses comerciais de certas compañias discográficas anglófonas de USA e GB.
Cando outros xéneros musicais en R…?
Cando as cadeas de radio da TDT que faltan en R…?