menú

Motorvision, en aberto en agosto

01/08/2019
Blog R

A partir do xoves 1 de agosto, Motorvision emitirase en aberto para os clientes de televisión R.

Durante o próximo mes, se tes tv ocio ou tv series desfrutarás de forma promocional de todos os contidos que ofrece Motorvision. Terminado ese período, poderás seguir desfrutando desta canle se contratas a opción tv familia.

O motor, protagonista

O mundo do motor e o automobilismo son os protagonistas da canle Motorvision TV, en cuxa grella de programación podemos atopar dende competicións e carreiras en directo a entrevistas e reportaxes exclusivos.

En agosto, a canle emite o Campionato Británico de GT 2019, que chega á súa etapa crucial coa oitava e penúltima rolda no icónico circuíto Brands Hatch, cerca de Kent, Inglaterra.

Para os amantes das motos, ofrecerá o ADAC MX Masters. Os pilotos tomarán unha das pistas de motocross máis esixentes de Austria.

A canle ofrece tamén dous programas especiais, un dedicado aos 110 anos de Audi e outro sobre os Campións do deserto.

Como ver Motorvision en R

Lembra, en agosto, o motor é protagonista na televisión R. Toma nota do dial.

  • Galicia: dial 75
  • León e Cantabria: dial 90

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

12 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Carlos Miguez di:

    Moi boas R.
    Eu xa teño TV Familia e non me aparece esta canle, de feito non existe o dial 75 no meu desco (o primeiro dende o 2007). Non é que me interese esta canle, pero comunicar que non me aparece.
    Un saúdo.

  2. Avatar Iván di:

    Bo día, eu teño o mesmo problema que Carlos, o desco é dos antigos dado que a TV que temos non ten entrada Hdmi solo ten Euroconector. Hai maneira de actualizar o desco ou cambialo por un HD que teña saida Euro?
    Graciñas