menú

A Mostra de Venecia, en Sundance

30/07/2019
Blog R

A Mostra de Venecia comeza o 28 de agosto. E, para a ocasión, Sundance emitirá os luns de agosto unha selección de títulos premiados e nominados no Festival da cidade das canles. O mellor cine, na televisión R.

De Venecia á túa pantalla

O especial arrinca o luns 5 ás 22:30 h con “Tokio Blues”, un drama romántico xaponés que adapta a novela de Muramaki co mesmo título.

Ese mesmo día, emítese tamén “El verano de May”. Cherien Dabis escribe, dirixe e protagoniza esta comedia dramática ambientada en Xordania sobre a familia, a relixión e a procura dun mesmo.

O luns 12, quenda para a película “12”, versión rusa do filme de Lumet “12 hombres sin piedad”, e o documental “David Lynch: The Art Life”, que retrata a Davyd Lynch como artista. Foi nominado en Venecia.

“Buenos días, noche” chega ás noites de Sundance o luns 19 ás 22:30 h. A reconstrución do secuestro do Presidente italiano Aldo Moro polos Brigadas Vermellas asinada por Bellocchio fíxose con catro premios na Biennale.

Tras ela, “Historia de un crimen”. Truman Capote trasládase a un pobo de Arkansas para investigar un brutal asasinato. Nominado ao Premio Horizons no Festival de Venecia.

Pechan o especial da Mostra de Venecia “Mary” e “Boxing Day” o luns 26 de agosto. A primeira é un drama asinado por Abel Ferrara que retrata o destino de tres persoas que se entrelazan a través da figura de Cristo. “Boxing Day”, baseada na novela de Tolstói, levou unha nominación a Mellor Película en Venecia.

Como ver o especial da Mostra de Venecia en R

Podes ver este especial de cine se tes contratada a opción cine na túa televisión R. Apunta o dial.

  • Galicia: dial 9
  • León e Cantabria: dial 42

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.