menú

‘Mentes Criminales’ despídese en AXN

20/03/2020
Blog R

O mércores 25 de marzo, ás 23:00 h, despedimos na televisión R unha das series máis populares. AXN emite o último episodio de ‘Mentes Criminales’.

‘Mentes Criminales’ xira arredor da Unidade de Análise de Conduta, un equipo de elite do FBI especializado en analizar as mentes máis retortas do país para anticiparse aos seus próximos movementos antes de que volvan atacar.

A Unidade de Análise do Comportamento estuda o comportamento dos asasinos en serie que actúan dentro do territorio dos Estados Unidos. A base atópase en Quantico, Virginia, pero o equipo de análise desprázase en avión a aquelas localidades onde a policía lles pide axuda para resolver os casos máis especiais.

O equipo analiza a actividade do asasino e crea un perfil mediante o cal poden rastrexar o seu paradoiro e finalmente capturalo.

Unha unidade convertida nunha gran familia

David Rossi é o fundador e o axente máis veterano da unidade.

Tamén pertencen ao equipo a axente especial Emily Prentiss, filla de diplomáticos e con facilidade para os idiomas, que se une ao equipo despois de ser a responsable da Interpol; o Dr. Spencer Reid, un xenio incomprendido cuxo coeficiente social é tan baixo como alto é o seu coeficiente intelectual; Jennifer ‘J.J.’ Jareau, antiga ligazón do equipo cos medios de comunicación e axencias locais de policía; Penélope García, a divertida responsable da tecnoloxía audiovisual do equipo; a Dra. Tara Lewis, psicóloga forense con moita experiencia, que estuda e entrevista os asasinos en serie para determinar se poden someterse a xuízo; e o rastrexador e adestrador animal Luke Alvez, que serviu nos Rangers das Forzas Especiais.

Un final especial

Tras máis de quince anos á beira do mellor equipo de criminólogos do FBI, ‘Mentes Criminales’ despídese na súa décimo quinta tempada con grandes doses de acción, intriga, misterio e algunha que outra sorpresa.

Ademais, previamente os fans poden desfrutar dun maratón da tempada completa a partir das 14:45 h. e de varios especiais de programación con tres episodios seguidos protagonizados por un mesmo actor dende o luns 16 de marzo.

Como ver ‘Mentes Criminales’ en R

Só debes ter a ‘opción tv ocio’ da túa televisión R. Apunta o dial.

  • Galicia: dial 21
  • León e Cantabria: dial 22

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar CARLOS ALBERTO LAIZ PARTESANO di:

    Sentimos en falta por parte de R, en estos momentos de aislamiento, la falta de solidaridad en aumentar sin costes adicionales las programaciones contratadas en TV R, ya que como empresa de comunicaciones no verá mermada sus ganancias ni estará sujeta a los abatares económicos de esta profunda crisis que sufrimos y sufriremos el resto de ciudadanos y otro tipo de empresas. LAMENTABLE.