menú

Melloras na televisión e nova oferta comercial

06/08/2018
Blog R

Ola a todos. Comezamos agosto con cambios máis que interesantes na nosa televisión e cun novo empaquetado de contidos para novas altas e cambios. É dicir, que esta nova oferta comercial non aplica aos xa clientes. Para que o teñas claro, segues co paquete de televisión que xa tes, a non ser que decidas cambialo.

Melloras para clientes de tv ocio e tv series

En primeiro lugar, imos coas melloras para os xa clientes. Se tes un paquete de tv ocio ou de tv series, xa contas con novas canles. Esta mellora é automática e non tes que chamarnos para aplicala. É dicir, que xa a tes dispoñible 😉

  • tv ocio: incorporas Calle 13 (dial 23) e National Geographic (dial 50).
  • tv series: engades ás túas canles Comedy Central (dial 24) e National Geographic (dial 50).

Melloras para clientes con tv festa e tv familia

No caso de que teñas tv festa ou tv familia, contas tamén con novas canles. Facemos un repaso das novas canles que desfrutas:

  • tv festa: Garage TV, Eurosport 2, Motors TV, Nick Jr, Nickelodeon, Disney Junior e MTV.
  • tv familia: LaLiga 123, Garage TV, Eurosport 2, Motors TV, Nick Jr, Nickelodeon, Disney Junior, MTV, Decasa, MTV music, MTV rocks, MTV dance, MTV hits, MTV live HD, VH1 e Vh1 Classic

Melloras para tv total e festa rachada

Neste caso, tamén tes novas canles na túa grella de televisión.

En concreto, contas coas novidades de Garage Tv, Nick Jr, Baby TV, MTV Live, MTV Music e a canle MTV.

No caso de festa rachada en 4K, tamén desfrutas de Disney Pop Pick,

Nova oferta comercial

Intentamos simplificar a nosa oferta de televisión, con só dous paquetes básicos e máis opcións de configuración ou á carta, para que ti escollas e configures un paquete ao teu gusto: agora temos tv series e tv familia. Para non che liar, o antigo tv series e o tv familia van ser iguais á nova oferta. A partir de aí, ides poder escoller máis opcións á carta.

tv series

Dende agora é o paquete de entrada para novas altas ou para quen queira cambiar a súa opción. Se tes tv series de antes, contas coas mesmas canles. Que ofrece? Pois unha selección de +50 canles, con algunhas das máis vistas na televisión de pago en España:

  • cine: Hollywood
  • series: FOX, AXN, TNT, Calle 13, Comedy Central, Cosmo HD.
  • documentais: National Geographic.
  • música: Hit TV
  • educativas: Vaughan TV.
  • ademais, tes as canles da TDT, as autonómicas e varias internacionais.

tv familia

Ademais das canles de tv series, podes encontrar máis contidos de:

  • cine e series: AMC, TCM, AXN White, Syfy e Fox Life.
  • documentais: Discovery Channel, Historia, Blaze, Odisea, Nat Geo Wild, Viajar, Crimen & Investigación, Canal Cocina e Decasa.
  • infantís: Nick Jr, Nikelodeon, Disney XD e Disney Junior.
  • deporte: LaLiga 123, Eurosport 1, Eurosport 2, Barça TV, Motors TV e Garage TV.
  • música: Sol Música, MTV music, MTV rocks, MTV dance, MTV hits, MTV live HD e Vh1 classic.
  • canles internacionais: Euronews, CNNi, Bloomberg TV, BBC World, CNBC Europe, France 24, Al Jazeera, NHK World…

Este paquete é compatible co deco 4K, polo que lembra que tamén tes acceso ás series de Netflix 

Paquetes á carta

Como dicimos, hai dous paquetes, tv series e, por riba, tv familia (que é unha opción que agora ten máis canles de deportes, infantís e música). Ademais, podes completar calquera destes dous paquetes con opcións á carta:

  • opción LaLiga 123 TV: dez partidos desta competición.
  • opción máis series: para desfrutar das series que che ofrece Movistar Series no dial 30 e en rebobina.
  • opción nenos: inclúe Panda, Baby TV, Disney XD, Disney Junior e Disney Pock Pick.
  • opción Movistar Estrenos: tes as pelis que acaban de saír do cine tanto no dial 4 como en rebobina.
  • opción cine: ademais de Movistar Estrenos, contarás tamén coas canles XTRM, Somos, Sundance e Dark/canal 18.

Agardamos que che gusten estas melloras. E, con calquera dúbida, por aquí estamos.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

72 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Iria di:

    Buenas tardes. Yo tengo TV series y cuando salieran los nuevos combos no me cambié a TV ocio, aún saliéndome más barato, porque perdía Calle 13. Con esta novedad cómo me afecta al precio? Gracias.

  2. Jose di:

    Boas tardes. Sabemos algo do fútbol para esta nova tempada? Vades ofrecer esa opción ou non? E, as motos e a F1?

  3. Suso PB di:

    E para cando arranxades TV contigo?, a App en Android leva un ano sen funcionar para os trebellos con Oreo 8, aparte de non funcionar no PC máis que co navegador Chrome desde o lanzamento (falla a accesibilidade)… Un ano sen corrixir as eivas creo que xa é «pasar» un pouco, non?

  4. Vanesa di:

    Boas. Eu teño o combo Festa rachada (veño de combos anteriores) e a maiores paguei por ter as 3 canles de Movistar. Pero agora resulta que unha delas desaparece, ¿ides facer o desconto correspondente xa que eu perdo unha canle que me interesaba e pola que pago suplemento? Graciñas

    • Ola, Vanesa.

      En tv festa rachada non cobramos por esas canles, xa que están incluídas dentro do paquete de televisión.

      Neste caso, a canle deixa de comercializarse. Pero, como indicaron, en Movistar Series van emitir menos reposicións e incorporar contidos de Series Xtra, que estarán dispoñibles en rebobina. Ademais, en tv festa rachada vimos de incorporar MTV Music e MTV Live, ás que se unirá MTV o día 8 de agosto. A estas canles hai que engadir Garage TV, Nick Jr, Baby TV ou Disney Pop Pick, polo que a oferta e as canles de tv festa rachada melloraron, sen variar o prezo.

      Un saúdo.

  5. marcos di:

    tedes unha cara impresionante . queredesmnos vender como unha mellor oferta comercial isto . máis flexibilidade , máis personalizada ,……. un timo absoluto . o que estades a facer é outra subida xeralizada e moi moi alta de prezos . os que queiramos manter as mesmas condicións que agora teriamos que pagar moito máis . supoño que o seguinte plan é eliminar os combos antigos antes de final de ano .

    botame as contas . teño agora 200 mgb con festa rachada e un movil . ¿ EN CANTO ME QUEDARIA AGORA TODAS AS OPCIONS QUE TEÑO COA NOVA VOSA SUPEROFERTA ?

    • Ola, Marcos.

      Non é correcto o que indicas. Precisamente se quixéramos subir os prezos, o que faríamos sería aplicar esta nova oferta a todo o mundo para perxudicar aos clientes con tv festa rachada. E non é o caso.

      De feito, os mellores clientes que temos son os de tv festa rachada, porque pagades o paquete máis alto. E queremos que esteades contentos. De aí que a nosa idea é manter a opción contratada a todos os clientes. E que cada cliente decida que quere facer.

      A maior parte dos clientes o que teñen contratado é tv series/ocio ou tv familia/festa. Dinnos que subir a tv festa rachada é moi caro e non lles interesan todas as canles. De aí que saquemos máis opcións á carta, segundo temáticas, para que escollan e teñan a posibilidade de configurar a súa oferta de canles. Pero o que non queremos é perxudicar a ninguén e menos aos clientes que para nós teñen máis valor, que sodes os de tv festa rachada. Así que non teñas medo, que a idea non é subirvos o prezo. A idea é mantervos a opción, por suposto 🙂

      Un saúdo.

  6. David di:

    Se xa teño o combo familia de toda a vida(antiguo) podo xa pedir o deco 4k ou teño que actualizar o combo

  7. Jose di:

    Hola, los que tenemos festa rachada nos quedamos igual?

  8. miguel di:

    boas. teño un combo 200 series e desde hice non se ve o canal panda. sabedes cao e a razón? Por otro lado va fai meses que non teño acceso o catalogo de peliculas para comprar. un saudo

    • Ola, Miguel.

      Canal Panda, como indicamos na información, está na opción nenos, que é un dos paquetes á carta. É dicir, non está incluído nin en tv series nin en tv familia.

      En canto ás películas de pagamento, o seu uso era moi baixo e vimos que, por prezo, a moitos usuarios non lles interesaba. Consideramos moito máis interesante a opción de Movistar Estrenos, onde tes películas que se estrearon hai moi pouco no cine, con títulos dispoñibles en rebobina e que non caducan ás 24 horas, polo que por un prezo pechado tes moitísimos títulos para ver cando queiras e cada mes hai novas estreas.

      Un saúdo e graciñas!

  9. Belen di:

    Hola yo tengo TV ocio y veo q desaparece. Me puedo cambiar a TV series? Hay aumento de coste? Cuánto?

    • Hola, Belén.

      tv ocio no desaparece; se mantiene para los clientes que lo tenéis. Lo que no hacemos es venderlo para nuevas altas ni cambios. El precio de tv ocio y de tv series es el mismo por lo que, si deseas cambiarte, puedes hacerlo. Ahora bien, solo cambian en un canal. Mientras que tv series tiene Hollywood, tv ocio tiene TCM. El resto de canales son iguales.

      Un saludo.

  10. Pablo di:

    Bos días, eu teño o combo festa, que diferencia habría coa opcion tv familia, e outra preguntiña, Disney Junio e Disney XD entran na opcion tv familia ou son soamente coa opcion nenos.
    Graciñas e un saludo.

  11. Adrián di:

    Me ha dicho el departamento de fidelización que pronto podremos ver amazon prime video en el deco 4k como pasó con Netflix. Se sabe una fecha aproximada o se espera que vaya para meses? Un saludo

  12. Víctor di:

    Boas tardes.

    É moi positivo poder escoller e configurar o paquete de TV segundo as preferencias ou necesidades persoais de cada un, e calquera cliente debería estar ledo por dispor desta opción, posibilitando non pagar polo que non desexa ver; pero que ao paquete máis caro lle falten tantas (tantas) canles a un prezo próximo ao que tiña non fai tanto cando incluía prácticamente todo, nunca pasara antes.

    De feito, se, por exemplo, con dous móviles e conexión de 200Mb, colles tódalas canles, o prezo do paquete subiríache a 31€ máis, que se di pronto, trinta e un euros máis por enriba do paquete máis caro ata sumar 127€… E sen fútbol.

    Eses sempre foron prezos de Movistar, non de R.

    Se a iso lle sumamos que para solventar as carencias de contidos frente a outros proveedores de TV se promoveu activamente o desco 4K mailo potencial das súas apps… e agora resulta para dispor del é obrigatorio coller o paquete máis caro de TV, o cal ata certo punto incluso é contradictorio, temos unha oferta do máis sorprendente en termos negativos na historia recente de R.

    Por iso quería preguntar, ¿realmente é así? Pode que eu me equivocara.

    Grazas.

    • Víctor di:

      PD: Sí cometín un erro. Culpa miña. Non serían 31€ máis, senón 22€, porque Movistar Estrenos está na opción individual correspondente pero tamén na Opción Cine. En total, serían 118€, o cal non varía apenas o razonamento, nin as súas conclusións.

      Por certo, na web ao calcular a oferta dun Combo Antena “Sen tele” sae o mesmo prezo final a pagar que nun Combo Series con TV. ¿É un erro?

    • Ola, Víctor.

      Precisamente o que vimos é que á xente lle interesan certas canles temáticas, non todas. De aí o tema de sacar un paquete básico e outro bastante completo e, a partir de aí, que cada cliente escolla. Porque igual non che interesan os contidos infantís, pero si os de cine.

      Comentas os prezos de Movistar, pero creo que non tes en conta que eles, por riba dos paquetes de fútbol, series, deportes, etc. teñen moitos outros á carta. Xa sen entrar no de touros (20€/mes), se queres esas canles á carta, sumarían 38,85€/mes. Por poñer un caso, cobran 5,43€/mes por Barça TV, que nós temos incluído dentro de tv familia. Ou cobran 2,42€/mes polo paquete Extra Latino, con canles que nós tamén incluímos sen custo extra, como TV Record, Cubavisión ou Telesur.

      Co cal en ningún caso temos prezos de Movistar. Temos prezos moito máis baratos.

      Un combo 200 festa rachada, cunha plana + 10GB e unha tarifa R 6GB, son 113€/mes.

      En canto ao deco 4K, podes collelo con tv ocio + unha opción á carta, como por exemplo nenos. Ou ben coa opción tv familia, que se tes unha tarifa ilimitado só custa 10€ máis. Polo que en ningún caso é que estea dispoñible coa opción de televisión máis cara. O que non podemos é poñer o deco 4K, que é un equipo moi caro, nun servizo básico onde se tes unha tarifa ilimitado xa non pagas pola televisión.

      Un saúdo.

      • Víctor di:

        Primeiro, grazas pola resposta.

        Para min o que nomeas sería a estrutura ideal se os paquetes de TV existentes (Series e Familia) non tivesen case o mesmo prezo (10€ de diferencia entre o paquete de TV máis pequeno e o top que xa non é top porque lle faltan cousas a esgalla).
        Se tes un paquete cun prezo consistente con todo o que ten pero tamén con todo o que lle falta, e logo podes engadir módulos, perfecto.

        Pero iso non é o que hai.

        O que hai é que o paquete máis baixo ten moitísimas carencias e vale case o mesmo que o caro, e xa sae caro. Ou que se eu teño 200Mb + Dous Móviles e quixese toda a tele remataría pagando 118€.

        Por 112€ a precio final hoxe con Movistar teño case as mesmas canles, todo o seu cine… que é máis ca o voso, todas as súas series, e incluso fútbol. Aínda enriba con 600 Mb de baixada, SMS ilimitados, e só se perde cun móvil que tería peores condicións pero que se podería subsanar ca diferencia económica.

        Non tento entrar no xogo de mira o que teñen eles, non é o caso, gústame R; senón reflectir que cuantitativamente R aos pouquiños está a entrar na franxa de prezo/servicio de Movistar. E iso sí é unha novidade. Non é que sexa malo, pero se pretendemos cobrar así tamén teremos que ofrecer así.

        Non podedes solucionar as carencias de contidos na TV recomendando á xente coller Netflix ou Bein Sports Connect e logo pretender cobrar máis que antes, e case os que ofrecen isto de serie. Non é coherente.

        A nova oferta comercial é positiva na intención pero -para in- está mal estruturada. Sin ir máis lonxe, eu teño un paquete dos vellos e vexo que para ver o mesmo agora tería que pagar máis. E non teño nin un só estímulo para cambiarme. Irme subindo o seu precio pouco a pouco máis que un estímulo é meter presión ao cliente e xerar insatisfacción.

        Por certo, o desco 4K na web só cho deixa escoller en combo+móvil se colles un Familia 4k. O máis alto e caro. Iso é o que aparece dispoñible na web ao configurar o produto, por iso volo comentei. Non da outra opción.

        • Ola, Víctor.

          O que non queremos é que os clientes que teñen paquetes antigos, se están contentos, o cambien. Por iso hoxe en día segue habendo clientes con tv total. Se os pasáramos a tv festa rachada pagarían máis, porque tv total non incluían determinadas canles. Así que a idea é que o cliente escolla. En ningún caso que pase a algo polo que pague máis.

          Por outra banda, como indicaba no comentario anterior, só temos dous paquetes agora. tv series non ten custo se tes unha tarifa ilimitada, polo que é lóxico que aí non ofrezamos o deco 4K. Vai co familia, que só custa 10€ máis. Non é que pidamos condicións moi esaxeradas ou moi caras, simplemente poñemos algo simple e, pagando un pouquiño máis, tes a vantaxe dun equipo con Android TV, gravador, etc.

          As condicións son públicas e tamén están publicadas neste blog:

          https://blog.mundo-r.com/gl/tele/desco/deco-4k

          Un saúdo!

          • Víctor di:

            Entendo. Pero así ao mesmo tempo que se fala de que cada un escolla o que realmente lle interesa, só podes ter o desco 4K se colles o paquete máis caro de TV.

            E ao mesmo tempo que se tenta solventar as carencias de contidos na TV con acceso as apps de Netflix e outros, só poden acceder a iso que teña o paquete máis grande de TV, que cecais se lles interesase tanto non necesitarían acceder a Netflix e familia, e vos non teríades necesitado ofrecelo.

            Precisamente o perfil maioritario de usuarios de ese tipo de apps é xente que non ten moito interese en este tipo de paquetes ademáis exentos de calquera contido premium.

            O desenrolo asociado ao desco vale o seu, pero na miña opinión coma consumidor tiñades que buscar outro xeito de ofrecelo a máis paquetes que o máis caro, sexa vía permanencia ou outras opcións, pero non deixándoo só para ese paquete. Só vale 10€ máis, pero é que Series para o que ofrece e as carencias que ten é realmente caro. Ese é o gran fallo. Se fose máis barato sí tería sentido logo poder escoger opcións.

            Aínda así, gracias polas aclaracións e polo tempo empregado.

          • Falamos de escoller as túas opcións de televisión, ter unha oferta máis personalizada. O equipo é outro tema. En internet tampouco se instala o mesmo router se tes 60 que se tes 350 megas. O lóxico é ter algo máis potente se tes un paquete superior. E xa digo que tv series non ten custo se tes tarifa ilimitada, polo que é normal ter un equipo mellor se para ti ten custo o servizo.

            De feito, o da permanencia xa o facemos. Como indicamos nas condicións, tes que ter contratado durante 12 meses un paquete compatible co deco 4K, para evitar picarescas.

            Un saúdo!

  13. Jorge di:

    Por qué no veo Disney Pock Pick con un combo festa rachada?

  14. jorolo di:

    Hola.
    ¿Podríais indicarme un link a las tarifas oficiales en vigor?
    Gracias.

  15. Jesús Eugenio del río di:

    Quisiera cambiar al paquete familia, cuánto me costaría y si tendría el Eurosport 1 y 2

  16. Miguel di:

    ¿Para cuando un deco (teño o 4k) que non ande a colgarse seguido?
    Xa vay tocando gañar en calidade…

  17. José di:

    Hola a mí me sobran muchos canales
    Yo pondría una opción para elegir sólo documentales
    Al final pago una pasta y prácticamente sólo veo dos o tres canales canal viajar, odisea, canal cocina
    A ver si lo miráis
    Gracias

  18. maría josé alvarez folgar di:

    para cuándo añadir en las aps ademas del acceso a netfilx, amazano, hbo, etc. ?

    • Hola, María José.

      No es un tema que dependa de nosotros. Tenemos un equipo con Android oficial, por lo que nos encantaría que estuvieran todas las aplicaciones disponibles. HBO tiene un acuerdo de exclusividad con un operador, con lo que entendemos que por eso no quieren estar por el momento. Por nuestra parte, como digo, abiertos a que todos permitan su aplicación.

      Un saludo.

  19. Mayte di:

    Está bien que añadais cadenas pero no que elimineis algo que ya teníamos, por qué ya no tenemos Discovery Max en rebobina?

  20. María di:

    Algún día, R (o quizás otra compañía, a saber) tendrá los canales “sueltos” a x euros (o gratis, a saber también) y cada uno se cocinará la pizza a su gusto. Pero como ese día no ha llegado, esto es lo que hay, y ya sabemos todos buscar qué es lo que hay… y elegimos. Actualmente había bajado al combo ocio ¡y me sobran canales! y por supuesto me faltan otros. Supongo que planificar combos es dificilísimo, o imposible, al gusto de todos.
    Por el momento lo que me gustaría es… ¡ver la lista de canales por combo! ¡que no la encuentro! ¿Me podéis poner el enlace, por favor? Gracias.

    • Hola, María.

      Se podrían tener canales sueltos, pero el precio sería muy alto.

      Siempre pongo el mismo ejemplo. En su día se podía contratar en la TDT el canal AXN (uno de los que nosotros ofrecemos en nuestra televisión). ¿Cuál era su precio? 3,99€/mes. Si en nuestro caso cobrásemos 4€ por canal, se diría que somos unos ladrones, que robamos, que es una vergüenza… Y seguramente no ganásemos dinero. Por eso se ofrecen contenidos empaquetados, para que el precio global sea muy reducido. ¿Cómo es posible? Pues porque el proveedor va a ganar siempre un mínimo. Si el proveedor solo gana por cada cliente que contrata su canal, pediría precios muy altos por cada contratación, como fue el caso de AXN. Y eso seguramente llevara a que la gente no contratara los canales, porque por el precio de dos canales ofrecemos muchos más en un paquete de entrada, como tv series o tv ocio.

      En cuanto a la lista de canales, tenemos una web actualizada con los paquetes que comercializamos: https://parrillatv.mundo-r.com/parrillatv/

      Si tienes un paquete diferente de tv series o de tv familia, avísame y te envío los canales que tienes contratado.

      Un saludo.

      • María di:

        Muchas gracias por la explicación, pero veo que me expresé mal ya que os estaba dando la razón (por una vez…) ante tanto quejica.
        Es que ya son muchos años con diferentes combos y viendo que no se puede contentar a todos!!!
        Esta vez yo más contenta con este cambio que con cualquier otro.
        Y como sólo escribimos para quejarnos…
        ¡Gracias!

        • Muchas gracias, María.

          Por cierto, en tu comentario ya indicabas que tenías tv ocio. Los canales que tienes son los mismos que tienes en este enlace, de tv series, solo que en lugar de Hollywood tienes TCM:

          https://parrillatv.mundo-r.com/parrillatv/series.html

          Gracias de nuevo por el comentario y quedo a tu disposición para lo que necesites.

          • María di:

            Sí, vi el enlace y estuve mirando la lista de canales; la verdad es que aunque cuando subísteis tanto los gigas de red o de móviles dije que “sincronizásemos los relojes” para la próxima subida de precios (soy perro viejo porque llevo también 20 años pero sin camiseta porque soy “zona 2 Coruña”), al menos en mi caso ha sido pequeñita y acompañada de esta mejora en los canales que, aunque algunos ni los pondré, otros están muy bien, y manteniendo TCM que, para mi gusto, es el mejor. También era AXN White que no me importa no tenerlo porque cambió muchísimo, no sé qué le pasó. Por cierto, desde ayer tengo tele nueva con 4K, hay algún canal que pueda ver aunque no tenga el famoso desco 4k o no tiene que ver? Muchas gracias por tu paciencia y por todo y saludos.

          • Hola, María.

            Todos los clientes con 20 años de antigüedad, sean de la zona que sean, ten claro que se han llevado la camiseta. Ahí no hay ningún tipo de distinción, tan solo miramos los clientes que más tiempo llevan con nosotros, porque era necesario tener ese detalle.

            En cuanto al 4K, a día de hoy solo emitimos en calidad 4K el canal Odisea. Pero es necesario tener el deco 4K, porque el deco negro emite únicamente en HD.

            Lo que sí, entiendo que es una smart TV y podrías acceder por ejemplo a Youtube, donde hay vídeos con calidad en 4K. Ya verás que es espectacular.

            Un saludo.

  21. Javier di:

    El otro dia os puso un comentario sobre el 4K, y ni a salido publicado ni contestacion en mi correo.

  22. José Antonio di:

    Cada vez peor. El verbo dar nunca se acaba y el verbo recibir tiene fin. Lo de tele a la carta es una invención que en mí no progresa como el cobro cada vez mayor. Un poco mas desilusionado.

  23. maria di:

    Penso que deberiades ofertar como canal opcional Movistar Deportes 1 e que o pague quen o queira desfrutar (esta canle ten contidos atractivos como partidos da liga española de baloncesto que non se ofertan noutras canles). Os canais de deportes de tv familia non son atractivos ao meu parecer, e ademais ofrecedes outras canles opcionais como Movistar Series que achegan contidos repetitivos que xa se ofertan noutras canles de series.

    • Ola, María.

      A canle que comentas non nola ofrecen. Nin a nós nin a ningún outro operador.

      En canto á canle de series, eu, particularmente, é a que máis vexo. Ten contidos que non podes ver noutros lados, como Orange is the new black, El pequeño Sheldon, House of cards, Better call Saul, The good fight… Sen esquecer que moitos nos enganchamos a esta canle por Juego de Tronos, á que aínda lle queda unha tempada.

      Hai clientes que precisamente nos din que aquí poden ver series que non atopan noutros lados. E o consumo de series e películas é moi superior ao de deportes. O fundamental, por suposto, é ter variedade e opcións. Lamentablemente, os contidos que nos comentas non os podemos ter.

      Por outra banda, en tv familia consideramos que a oferta é máis que interesante. Esta fin de semana moitos clientes puideron seguir unha competición deportiva na que participaba Fernando Alonso. A próxima semana poderase seguir un dos grandes torneos de tenis do ano, no que Federer e Nadal son os dous grandes favoritos. Temos máis canles infantís e aínda queda unha sorpresa por vir 😉

      Un saúdo!

  24. Carme di:

    Ola, teño feito un lío con tanta oferta a min por ejemplo interesame:sundance, Movistar estrenos, canales autonómicas e Movistar estrenos q oferta me facedes ?
    Estoy recibiendo otras ofertas donde me agasallan mobil

  25. maria luisa di:

    como se consigue el canal iberalia. gracias.