menú

‘McDonald & Dodds’, a nova parella de detectives de COSMO

17/06/2021
Blog R

Os detectives non descansan na televisión R en xuño. E o luns 21, ás 22:30 h, chega a COSMO unha nova parella de investigadores que está decidida a resolver os crimes máis enrevesados que se crucen no seu camiño. Son ‘McDonald & Dodds’.

Recentemente chegada a Bath, a ambiciosa detective Lauren McDonald ten a intención de tomar o corpo de policía da cidade. Pero cando se asocia co veterano sarxento Dodds, a parella non tarda en enfrontarse ao pasar a un primeiro plano os seus diferentes enfoques profesionais e persoais.

Un pobo idílico e tranquilo… ou quizais non tanto

Dende as vidas secretas dos ricos ata o mundo encuberto das clínicas de tratamento de adiccións, McDonald e Dodds danse conta de que non todo é o que parece na considerada tranquila cidade de Bath.


No primeiro episodio, un vagabundo é tiroteado na mansión abandonada dun dos industriais máis prominentes de Bath, o inventor Maxton Crockett. A supostamente perfecta familia Crockett conta con tres fillas exitosas e ningún motivo evidente polo que cometer o crime. McDonald e Dodds deben unir as súas forzas para descubrir os segredos que todos tratan de ocultar.

Os personaxes principais

Presentámosche ao sarxento Doods, á detective Lauren McDonald e ao xefe de ambos, John, interpretados por Jason Watkins, Tala Gouveia e James Murray.

O sarxento Dodds é tímido e modesto. Estivo traballando durante anos en silencio e con dilixencia, sentado no seu escritorio sen que ninguén lle prestase moita atención. Pero agora o seu xefe espera empuxalo a unha xubilación anticipada, polo que se viu forzado a traballar en primeira liña xunto coa recentemente chegada detective Lauren McDonald. No canto de darse por vencido, Dodds trata de demostrar que é un detective cun talento oculto para descifrar enigmas.

A detective Lauren McDonald é unha inspectora de policía tremendamente ambiciosa, que foi trasladada das rúas do sur de Londres á tranquila cidade de Bath. É nova, talentosa e a miúdo subestimada. Inicialmente, McDonald non está moi contenta co seu novo compañeiro Dodds, pero pronto forman unha unión que pode con todo.

O gran xefe en Batch é John Houseman. É desapiadado, esvaradío e moi decidido a saber o que quere conseguir. A súa intención é que Dodds se xubile anticipadamente e trouxo a McDonald dende Londres, pero non é de gran apoio, xa que non quere que a recén chegada gañe moito protagonismo ou moleste a ninguén influínte en Bath.

Non perdas de vista a estes dous novos detectives británicos que chegan á nosa televisión R. Estás preparado/a para acompañalos nas súas investigacións?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.