menú

Maio, o mes do desafío con Blaze

04/05/2020
Blog R

Na nosa televisión R temos a canle que cada día desafía o convencional e reivindica aquilo que nos fai únicos. En maio queremos que vos sintades tan auténticos e vitais como os protagonistas de Blaze, así que temos a canle en aberto para todos os clientes a partir do luns 4 de maio.

A canle en aberto, agora no dial 117

Como sabes, cada mes temos unha canle en aberto para todos os nosos clientes de televisión R. Durante todo ese mes, podiádela atopar no seu dial habitual pero a partir de agora será moito máis sinxelo: a canle en aberto poderédela sintonizar sempre no dial 117.

E, por suposto, se xa desfrutabas da canle, seguirás véndoa no seu dial habitual: Blaze está no dial 53 en Galicia e no dial 55 en León e Cantabria.

Blaze, a canle dos heroes de carne e óso

É hora de reivindicar a homes e mulleres que viven á súa maneira e logran os seus propósitos sen perder o que os fai únicos. Porque os mellores heroes sempre son os de carne e óso. Son persoas que conseguiron logros extraordinarios grazas á súa determinación, coraxe e a un chisco de rebeldía e enchen a nosa pantalla coas mellores historias reais. Apetécevos vivilas con eles?

Ao volante e buscando tesouros ocultos

En maio, os amantes do motor están de parabéns porque volve a Blaze ‘Top Gear’. Queres saber que novas celebridades se atreverán a poñer a proba as súas destrezas de condución? Como mestres de cerimonias repiten o xornalista e youtuber Chris Harris, o comediante Paddy McGuinness e a lenda do crícket Andrew ‘Freddie’ Flintoff.


Tampouco faltan á súa cita os incombustibles Mike e Frank, buscadores deses obxectos únicos e valiosos cos que facer un bo negocio en ‘Cazatesoros’.

Competicións para todos

Non falta a competición. En Blaze hai espazo para competicións de coches no seu sentido máis amplo, con programas exclusivos como ‘Pickups & Furious’; para ‘Top Dog’, a competición que enfronta experimentados cans de elite policías e hábiles civís; ou para as competicións máis metálicas coas pelexas de robots de ‘Battletbots’. Cales son as túas preferidas?

E se es un apaixonado da natureza, tamén hai plans perfectos para ti. Que tal ‘Cazadores de lagostas’ ou ‘Mountain Men’?

En definitiva, Blaze é aventura e paixón pola vida. A de todos aqueles que non son os máis orixinais nin moito menos perfectos, pero que son eles mesmos. Descubre a canle máis auténtica, descubre Blaze na televisión R.

E lembra que a partir de xuño podes seguir desfrutando de Blaze dentro do paquete ‘TV Total’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

12 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar MllC di:

    Buenas noches serias tan amables de decirme cual es el canal abierto en el mes de mayo. Yo leo que es Blaze lo sintoniza en el dial 53 pero no tengo señal. Quizás entendí mal. Por eso os pido el nombre de la cadena. Gracias

  2. Avatar MllC di:

    Hola he leído tu mensaje sigo sin poder sintonizar el canal 53 Blaze. A pesar de haber reiniciado varias veces el deco. Que otra solución puede haber. Desde ya gracias.
    Un saludo

  3. Avatar MllC di:

    Buenas noches he hecho todo lo que me indicas con el mando a distancia y sigo sin poder coger el cabal abierto 53 (blaze). He estado llamando al servicio técnico varios días y nadie me atiende creo que no es manera de tratar a los clientes. Ayer funcionaba fatal internet. Y hoy recibo un correo pediendo disculpas y de manera arbitraria decidís que nos pagan la avería con más megas. Para que quiero mas megas que no utilizare por estar en confinamiento estáis ofreciendo algo que probablemente nadie utilice. En fin insisto esta no es manera de tratar a un cliente. Saludo.

  4. Avatar MllC di:

    Hola sigo sin que me cojan el teléfono. Pésima la atención al cliente por medio de un chat. Que además las directivas que me disteis solo hicieron que desconfigurara los canales, y era tan simple como decirme que estaba en la señal 117, llamo para poder configurar los canales y tampoco me atendemos. Os comportais de esta manera porque,sabéis que no habrá consecuencias de ningún tipo. Reitero Pesima vuestra atención al cliente teniendo en cuenta que estamos atravesando una pandemia y que no hay otro medio que el telefónico esté es pésimo.

    • blog R blog R di:

      Hola.

      Debido al estado de alarma, el volumen de llamadas en nuestro centro de atención al cliente es muy superior al habitual.

      Puedes revisar cualquier incidencia desde el apartado de la web para autodiagnostico: http://i.r.gal/15h. Des ahí, puedes resolver la incidencia o si no es posible, notificarla para que un compañero de soporte técnico se ponga en contacto contigo.

      Lamento las molestias ocasionadas.

      Un saludo.

    • Avatar 5mentarios di:

      Hola MIIC. No sé si al final llegaste a contactar con soporte, de todas formas te comento. Cuando dices que se te desconfiguraron los canales, ¿Te refieres a que algunos canales ahora te aparecen en otro dial? Si es eso no se te ha desconfigurado nada, todo el mundo tenemos los canales en los mismos diales, eso es algo que en el deco no podemos elegir los usuarios. Si se te han cambiado eso es que tú tenías el deco sin actualizar desde hace tiempo, ya que hace unos cuantos meses que algunos canales, Hollywood por ejemplo es uno de ellos, cambiaron de dial, pasó del 1 al 8, y seguramente por eso tmpoco estabas pudiendo ver el canal promocionado porque tenías el deco desactualizado.