menú
Pégate un buen maratón de series en tu tele de R

Pégate un bo maratón de series na túa tele de R

22/07/2020
Blog R

Propoñémosche un “planazo” para estas tardes de verán, esas noites sen espertador e esas ‘findes disfrutonas’: maratón de series con tempadas completas na túa televisión de R.

Sabemos que che gusta tanto como a nós ver un capítulo tras outro cando estás enganchado a unha serie. Por iso, seleccionamos para ti as mellores series con tempadas completas que podes ver en rebobina. Ve preparando os flocos de millo!

‘Anatomía de Grey’, T16 (Fox Life)

O que non lle pase a Meredith Grey non lle pasa a ninguén .En Fox Life podes ver íntegra a última tempada ao completo.

A exitosa serie creada por Shonda Rhimes, xa se converteu no drama médico máis lonxevo da historia da televisión.

‘Outlander’, T1-T5 (M. Series)

En rebobina tes dispoñibles todas as tempadas desta serie que mestura romance, aventuras e viaxes no tempo. Soa ben, non?

Claire Randall, unha enfermeira da II Guerra Mundial, viaxa a Escocia xunto ao seu marido Frank. Unha noite, tras presenciar unha cerimonia ritual, Claire acaba transportada ao ano 1743.

‘The Last Original Gangster’, T1-T2 (TNT)

TNT estrea en agosto a terceira tempada desta comedia protagonizada polo actor e humorista Tracy Morgan. Se aínda non a viches, tes a serie ao completo en rebobina. Vai quentando motores para a nova tempada.

Tray é un exconvicto que tras pasar 15 anos entre reixas é liberado por bo comportamento. É entón cando decide dar á súa vida unha segunda oportunidade.
The Last Original Gangster

‘911’, T3 (FOX)

Desfruta da última tempada deste drama sobre as emerxencias ás que se enfrontan a diario policías, paramédicos e bombeiros dos Ánxeles.
911

‘Magnum’, T2 (Calle 13)

Versión moderna da serie clásica centrada en Thomas Magnum, un antigo SEAL da Mariña condecorado que, ao regresar a casa desde Afganistán, volve utilizar as súas habilidades militares para converterse en detective privado en Hawai.

Non perdas a última tempada íntegra en rebobina.
Magnum

‘Lyncoln Rhyme’, T1 (AXN)

Unha das grandes sorpresas que chegou recentemente a AXN.

Lincoln Rhyme é un prestixioso criminólogo forense que, xunto a Amelia Sachs, unha nova policía, terá que buscar e perseguir diabólico asasino en serie coñecido como o coleccionista de ósos, mentres se encargan dos casos máis complexos do departamento de policía de Nova York.

‘Sanditon’, T1 (COSMO)

Se queres empezar unha serie nova, tes dispoñible toda a primeira tempada de ‘Sanditon’ en rebobina. Produción da BBC, adaptación da novela inacabada de Jane Austen.

Charlotte Heywood é unha moza moderna que acepta a invitación da familia Parker para reinventarse na localidade costeira de Sanditon, un novo centro de diversión con aspiracións a converterse en popular destino turístico.
Sanditon

‘Spides’, T1 (Syfy)

Syfy estreaba hai escasos meses este thriller de ciencia ficción que che enganchará. Empézaa xa en rebobina.

Ambientada no Berlín actual, a serie vira ao redor de Nora, unha moza que esperta dun coma sen lembrar nada da súa vida anterior tras tomar unha droga misteriosa.

Por cal vas empezar? Desfruta o verán na túa televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.