menú

Mitos e xenios en Play-Doc TV

28/11/2019
Blog R

Cineastas de Euskadi, Galicia e Asturias achégannos a vida e a obra de personaxes extraordinarios cun enorme poder de atracción en Play-Doc TV en decembro. Entre eles, o violinista Manuel Quiroga.

Falamos de actores, músicos ou ilustres creadores do mundo da arte cuxas vidas persoais están cheas de encrucilladas que convidan a ser exploradas unha e outra vez na procura de inspiración.

“Chillida, Manos Vacías”

“Chillida, Manos Vacías” é unha película sobre as mans, sobre os amigos, sobre a familia e os seus recordos. Unha viaxe a través do proceso creativo e a vida dun artista único e universal.

“Manuel Quiroga”

O documental dirixido pola galega Sandra Sánchez é un exercicio de xustiza a un virtuoso violinista que alcanzou a maior fama que se pode obter. Espertou auténticas paixóns alí onde actuou, ao nivel das grandes estrelas actuais de rock, pero, estrañamente, acabou pasando case ao esquecemento.

“El viaje de Leslie”

En “El viaje de Leslie” o espectador poderá embarcarse en varias viaxes que, dunha ou outra forma, o farán reflexionar sobre como se conforma a nosa memoria e a nosa historia.

Faino contextualizando unha historia con data de 1943, tras o ataque alemán a un avión comercial. O nome dun pasaxeiro, o do afamado actor Leslie Howard, xerou multitude de teorías sobre a súa existencia e a súa morte.

“El Viejo Rock”

Completa as novidades de Play-Doc TV de decembro a película “El Viejo Rock”, do director asturiano Pablo Sánchez Blasco.

A película ten como punto de partida unha anécdota, unha lenda urbana sobre o actor Rock Hudson, para logo falar do despoboamento rural, da guerra civil, da memoria colectiva e, sobre todo, da emigración do pobo asturiano a Estados Unidos.

Como ver Play-Doc?

Podes ver Play-Doc TV se tes contratada a opción tv total.

As películas de Play-Doc están dispoñibles a través de rebobina. Accede co teu mando de R ao destacado de Play-Doc e mira cando queiras os contidos dispoñibles, que cambian cada mes.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.