menú

En maio, subímonos á onda na televisión R

03/05/2021
Blog R

Es un apaixonado das ondas? Pois temos boas noticias para ti: Surf Channel está en aberto para os clientes de televisión R dende o luns 3 de maio.

Imaxina unha praia paradisíaca, un ceo azul… e o son dunha onda que se achega. Xa podes sentir a sensación de adrenalina, é o momento que estabas a esperar. Coa tempada de surf a caer, xa te imaxinas correndo cara á beira, lanzándote ao mar, remando con forza e finalmente collendo a onda. Para que poidas ir ‘surfeando’ xa dende a túa propia casa, contamos coa canle temática especializada Surf Channel.

Surf Channel é unha canle repleta de películas, curtametraxes e documentais nas que o surf é protagonista e no que tampouco faltan as viaxes, a gastronomía, roteiros turísticos, moda e arte, praias, lecer e diversión; é dicir, todo o que un/a “surfeiro/a” procura nunha canle de televisión.

Estás preparado para coller a onda con Surf Channel en maio? Toma nota dalgunhas das citas que te esperan na canle.

‘What Sup’

Coñeces ‘What Sup’? É a primeira serie de televisión do mundo dedicada exclusivamente ao deporte e á cultura de Stand Up Paddling, o deporte acuático que máis está a medrar no mundo.

‘Soul Surfers’

Creado por Phil Waller e Dan Moore, ‘Soul Surfers’ contén algunhas das imaxes de acción dinámicas máis impresionantes que tes visto na tele, pero tamén é un testemuño do espírito humano. Armados con ambas as dúas calidades, destreza física e un corazón amable, non perdas a estes atletas aventureiros que exploran as illas hawaianas procurando a harmonía na natureza.

‘Pelis de Surf’

Un novo programa que conta co recoñecido “surfeiro” Gallo, Aitor Francesena. Con el descubriremos unha chea de segredos e curiosidades sobre pelis nas que o surf é protagonista.

‘Surferas’

Un programa dedicado á muller “surfeira” no que coñecerás as incribles historias de diferentes mulleres do mundo do surf.

En maio, conseguiremos que sintas o surf como nunca e sen moverte da túa casa. Só tes que sintonizar o dial 117 da túa televisión R. E a partir de xuño podes desfrutar de Surf Channel dentro do paquete TV total.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Frank di:

    Otra vez. Desde luego…sin comentarios. Pues voy a comentar porque sois aburridos y cansinos. Está claro que queréis que nos pasemos al total pero casi mejor cambiar de compañía. ¡ Buah !