menú

“Magnum” volve a Calle 13

08/11/2019
Blog R

Calle 13 estrea a tempada 2 de ‘Magnum’ o venres 8 de novembro ás 22:00 h. Acción, misterio e comedia na televisión R da man do inconfundible detective privado.

Jay Hernández é o novo Thomas Magnum, un encantador detective privado que vive en Hawai na mansión dun millonario ausente, na que traballa como asesor de seguridade. A “ama de chaves” da propiedade é Juliet Higgins, unha atractiva e dominante axente desautorizada do MI6 (Servizo de Intelixencia Secreto do Reino Unido) cuxo segundo traballo é manter baixo control a Magnum coa axuda dos seus dous cans dóberman.

O seu “equipo” de confianza

Magnum investiga os seus casos con habilidade nunha perigosa e exótica illa. Cando necesita respaldo nun traballo, recorre aos seus amigos de confianza, Theodore “TC” Calvin, ex piloto dos Marines que dirixe Island Hoppers, un negocio de helicópteros, e Orville “Rick” Wright, antigo artilleiro da Mariña convertido en empresario da discoteca de moda e o home máis conectado da illa.

Sospeitoso pola continua presenza de Magnum en escenas de crimes, o detective Gordon Katsumoto descobre que el e Magnum son máis parecidos do que calquera deles quere admitir.

De soldado a detective

‘Magnum’ é a versión moderna da serie clásica centrada en Thomas Magnum, un antigo SEAL da Mariña condecorado que, ao volver a casa desde Afganistán, usa as súas habilidades militares para converterse en detective privado.

A bordo dun Ferrari (que non é seu) e sen esquecerse dos seus adorados Detroit Tigers, Magnum volve á acción con novos casos.

Como ver “Magnum” na televisión R

Só debes ter a opción ocio da túa televisión R. Tes Calle 13 no dial 23.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí. Lembra, ademais, que tes todos os episodios da serie dispoñibles en rebobina para velos cando queiras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.