menú

‘Magnum’, nova versión en Calle 13

08/01/2019
Blog R

Calle 13 (dial 23) estrea ‘Magnum’, unha versión moderna da serie clásica centrada no popular detective, o venres 11 de xaneiro ás 22:00 h.

Jay Hernández, coñecido polo seu papel en ‘Escuadrón Suicida’, é o novo Thomas Magnum, un encantador detective privado que vive en Hawai na mansión dun millonario ausente. De carácter pícaro, Magnum investiga os seus casos con habilidade nunha perigosa e exótica illa, mesturando dose de acción, misterio e comedia.

Da Marina ao crime

Thomas Magnum é un antigo SEAL da Mariña condecorado que, ao volver a casa dende Afganistán, utiliza as súas habilidades militares para converterse en detective privado. Magnum, convertido nun detective fanático dos Detroit Tigers, vive en Hawai na casa de invitados dunha luxosa mansión, na que traballa como asesor de seguridade para complementar o seu traballo de detective privado.

A ‘ama de chaves’ da propiedade é Juliet Higgins, unha atractiva e dominante axente desautorizada do MI6 (Servizo de Intelixencia Segredo do Reino Unido), cuxo segundo traballo é manter baixo control a Magnum coa axuda dos seus dous cans dóberman.

Os seus amigos

Cando Magnum necesita respaldo nun traballo, recorre aos seus amigos de confianza, Theodore ‘TC’ Calvin, ex piloto dos Marines que dirixe Island Hoppers, un negocio de helicópteros, e a Orville ‘Rick’ Wright, antigo artilleiro da Mariña convertido en empresario da discoteca de moda e o home máis conectado da illa.

Sospeitoso da actitude casual de Magnum e da súa presenza nas escenas de crime, o detective Gordon Katsumoto descobre que el e Magnum son máis parecidos do que calquera deles quere admitir.

Descubre ao novo Magnum na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.