menú

M. Series estrea o final de “The Affair”

20/08/2019
Blog R

Todas as historias teñen un final. E o da serie “The Affair” chega á televisión R na madrugada do domingo 25 ao luns 26 de agosto. En Movistar Series.

Non importa a versión da historia. “The Affair” segue explorando as consecuencias dunha infidelidade que esnaquizou dous matrimonios e os límites da mentira a través de varios puntos de vista.

O futuro depende do pasado

Helen (Maura Tierney) comeza a tempada involucrada nun novo asunto cunha carismática estrela de cine (interpretada por Claes Bang), que lle ofrece todo o que ela xa non ten. Mentres, Noah (Dominic West) ten que tragar o seu orgullo e os seus celos e facerse cargo da súa familia. Xusto cando as cousas parecen estabilizarse, un encontro casual con alguén do pasado pon en marcha unha secuencia de acontecementos.

Ao elenco desta tempada únese a gañadora dun Oscar Anna Paquin (“X-Men”, “El piano”), que interpreta a Joanie Lockhart, a agora adulta filla de Alison e Cole. Joanie volve anos despois a unha transformada Montauk para pescudar a verdade do que lle sucedeu á súa nai e pechar esta historia. A quinta tempada fai unha crónica das consecuencias dos horribles acontecementos da tempada anterior. Os personaxes aceptan as consecuencias das súas decisións ao darse conta de que, se realmente queren cambiar o futuro, primeiro deben enfrontarse ao seu pasado.

Onde a podes ver?

Podes ver a serie “The Affair” coa opción Máis Series. Non podes perder esta serie que, ademais, estreamos á vez que en Estados Unidos. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 30
  • León e Cantabria: dial 29

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.