menú

Derbi galego na televisión R

16/05/2019
Blog R

O domingo 19 de maio, ás 20:00 h, xógase o derbi galego de LaLiga 123, e podes desfrutalo coa televisión R.

Poderás vivir o encontro entre o Lugo e o Deportivo no dial 81, así que vai reservando hora na túa axenda.

O partido

O adestrado do Lugo reclama o calor da súa afección, para un enfrontamento tan importante e trascendental como é este ante o Deportivo da Coruña. Despois do adestramento e ante os medios de comunicación sinalou que o equipo debe ser moi atrevido e ter protagonismo no choque para intentar combater o potencial do Deportivo.

Mentres o Deportivo sabe que xoga fóra e ten que dar o 100% para poder gañar este partido. Agora mesmo está de 7º clasificado de LaLiga 123 e necesita os puntos si ou si para poder optar ao ascenso a Primeira División. De feito, o xogador Quique González asegurou que deben “deixar a vida” no estadio Anxo Carro de Lugo.

Na primeira volta, lembremos que os dous equipos empataron a cero en Riazor e nos enfrontamentos oficiais anteriores (tempada 2013-14), tamén empataron ambos os dous encontros que desputaron.

Onde podes ver o partido

Poderás gozar do derbi a través da canle Liga 123 (dispoñible á carta ou en tv familia). Lembra sintonizar o dial 81.

Coma sempre se non podes ver o partido en directo,e resistes aos spoilers, poderás velo máis tarde coa nosa opción de rebobina.

Se tes calquera dúbida, estamos á túa disposición.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.