menú

Volven “Las Chicas del Cable” a Netflix

02/09/2019
Blog R

Xa están de volta “Las chicas del cable” cunha cuarta entrega repleta de paixón, amizade e drama. Desfrútaa xa en Netflix, accesible dende a túa televisión R.

Novo traballo, nova vida

No Madrid dos anos 20, unha moderna empresa de telecomunicacións empeza a funcionar na cidade. Catro mozas comezan a traballar nela e a súa vida dá un xiro total. Nese novo escenario, viven romances e amizades, ao mesmo tempo que son testemuñas e protagonistas dos cambios sociais da época.

A cuarta tempada arrinca no ano 1931, coincidindo coa proclamación da II República. Consciente dos novos dereitos cos que agora contan as mulleres, Carlota quere ser alcaldesa, pero un macabro crime complica os seus plans. Esclarecer o misterio é un dos eixos da nova entrega da serie protagonizada por Blanca Suárez, Nadia de Santiago, Ana Fernández, Ana Polvorosa, Maggie Civantos e Yon González, entre outros.

Un éxito que traspasa fronteiras

“Las chicas del cable” é a primeira serie orixinal de Netflix producida en España. A serie xa foi renovada por unha quinta tempada.

Onde podes ver a serie?

Na túa televisión R, a través do desco 4K, podes acceder a Netflix e desfrutar de “Las chicas del cable”. Lidia, Carlota, Marga e Ángeles volven á centraliña con máis decisión que nunca.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.