menú

O polémico thriller de terror ‘La caza’, na túa televisión R

17/03/2021
Blog R

Salvaxe, imprevisible… e polémica. O venres 19 de marzo chega a M. Estrenos unha das cintas que máis deu que falar nos últimos tempos, cuestionada polo mismísimo Donald Trump e cuxa estrea en EE.UU. se atrasou tras os tiroteos producidos en varias cidades.

A historia que nos conta ‘La caza’

Doce descoñecidos espertan nun bosque. Non saben onde están nin que fan aí, pero descobren unha misteriosa caixa chea de armas. De súpeto, comezan a dispararlles.


A película ‘La caza’ é todo un reflexo da sociedade actual e, sobre todo, do malo (e do peor) do ser humano, repleta de violencia, acción, ‘gore’ e humor negro mesturados cunha provocadora e aceirada crítica política e social.

Un elenco curtido nos xéneros de terror e suspense

A caza do home ao estilo Blumhouse, a produtora máis en forma no cine de suspense e terror con títulos como ‘El hombre invisible’ (2020), ‘El sótano de Ma’ (2019), ‘Déjame salir’ (2017) o sagas como ‘Feliz día de tu muerte’ (2017), ‘The Purge’ ou ‘Insidious’.

Está protagonizada por Betty Gilpin, popular polos seus papeis en ‘la maldición (The Grudge) e a serie ‘Glow’, e a oscarizada Hilary Swank.

Así que, xa sabes, non faltes á cita con ‘La caza’ na túa televisión R. Lembra que para desfrutar do cine de estrea directo da sala de cine á túa casa podes contratar Movistar Estrenos coa nosa opción Cine. Vas perdela?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.