menú
La casa de papel T3

Terceira tempada de “La casa de papel” en Netflix

18/07/2019
Blog R

O Profesor e os seus están de volta. Os atracadores volven reunirse nunha entrega de infarto. Estrea da terceira tempada de “La casa de papel” o venres 19 en Netflix.

A banda de atracadores máis coñecida da televisión ataca de novo. Despois do exitoso asalto á Fábrica Nacional de Moeda e Timbre española, o grupo terá que volver reunirse para axudar ao Profesor para rescatar a un dos seus membros capturado.

Banco de España

Para levar a cabo o rescate trazarán un novo atraco, o obxectivo será agora o Banco de España.

Ataviados coas súas habituais caretas de Dalí e os seus monos vermellos, Tokio, Nairobi, Denver e os demais poñeranse de novo en mans do Profesor nunha tempada con máis acción aínda, se cabe. Volverán entoar o famoso “Bela Ciao”?

Najwa Nimri

Veremos localizacións exteriores como Panamá ou Italia e rostros novos como o da actriz Najwa Nimri, que será a encargada de poñerlle as cousas difíciles ao Profesor, interpretado polo actor Álvaro Morte.

Aquí tes o trailer para quentar motores:

Éxito fóra das nosas fronteiras

“La casa de papel” arrasou en medio mundo, non en balde é a serie de lingua non inglesa máis vista en Netflix.

Creada por Álex Pina, esta produción foi a primeira en gañar un Premio Emmy Internacional como Mellor Drama.

Onde podes ver a serie?

Na túa televisión R, a través do desco 4K, podes acceder a Netflix e desfrutar de “La casa de papel”.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

Un saúdo

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Teófila Noemi Ruiz di:

    Ola, boas. como se fai? porque teño televisión pero non sei como acceder a Netflix con deco
    Gracias