menú

Juan ‘For President’

25/03/2020
Blog R

Candidato próximo, empático, solvente e experimentado. Juan Carrasco é o líder que todo partido político necesita para triunfar… e se iso non ocorre, sempre pode montar o seu propio. Votariades a Juan?

O domingo 29 de marzo, TNT estrea ‘Vamos Juan’, secuela da exitosa comedia ‘Vota Juan’, protagonizada por Javier Cámara. Emítese en formato maratón dende as 15:45 h e ao día seguinte xa terás a serie completa dispoñible en rebobina. Ademais, para que non perdas nin un detalle das andanzas do político máis xenuíno, durante todo o mes de marzo tamén tes dispoñible en rebobina ‘Vota Juan’ ao completo.

Un político de raza

Xa pasaron dous anos dende que o ministro de Agricultura Juan Carrasco tocase as máis altas cimas do poder. Agora vive afastado da actividade política e leva unha vida sinxela traballando como profesor de bioloxía nun instituto de Logroño.

Pero non se apagaron a súa ambición política nin a súa vocación de servizo público. Consciente do moito que aínda lle queda por achegar, Juan Carrasco dá un paso adiante: reúne ao seu equipo de confianza, volve a Madrid e funda un novo partido.

Política e comedia no cine e a televisión

Política e humor son difíciles de combinar con éxito na tele. ‘Vota Juan’ é unha das primeiras series deste xénero feitas en España.

Americanos e británicos si se atreveron máis con elas. Acordádesvos de ‘Yes, Minister’? Esta comedia británica emitiuse nas televisións autonómicas nos anos 80.


Máis recentemente, ‘Veep’ atopou a fórmula de éxito no humor absurdo e áxil e no estado de graza da seu protagonista, Julia Louis-Dreyfus.

No cine, quen non empatizou con ‘Dave’, ese tranquilo cidadán americano que un bo día se ve sentado no Despacho Oval tras un desgraciado accidente do Presidente, ao que casualmente se parece moitísimo. Tamén vimos como un neurótico sen complexos pode triunfar nas esferas políticas con ‘Benvido Mr Chance’ e como se distrae á opinión pública se é necesario en ‘Primary Colors’.

Javier Cámara en estado puro

Javier Cámara é a alma de ‘Vamos Juan’. Ademais de ser o protagonista, tamén dirixiu un dos episodios, o que supuxo a súa estrea detrás das cámaras.

Nacido nun pequeno pobo da Rioxa, sempre quixo ser actor. O seu gran salto á fama chegou con ‘Siete vidas’. Cantos bos intres televisivos nos deixaron as súas conversacións con Amparo Baró (Sole, na ficción)!

Gañou un Goya por ‘Vivir es fácil con los ojos cerrados’, pero ese só é un dos moitos premios que atesoura na súa casa. Acaba de ser recoñecido como mellor actor de comedia nos Premios MiM, ademais de como mellor actor protagonista dunha serie nos Premios Feroz. Tamén pode presumir de ser un mozo Almodóvar. E sorprenderavos saber que rexeitou un papel en ‘El Diablo viste de Prada’.

‘Vamos Juan’, de éxito en éxito

‘Vamos Juan’ xa é serie de festival. Exhibiuse dentro da Sección Oficial Fóra de Concurso da última edición do Festival de Málaga que acaba de celebrarse entre 13 e o 22 de marzo.

Diego San José, o mesmo que revolucionou o cine español con ‘Ocho apellidos vascos’, exerce de guionista e produtor desta comedia política atípica no panorama televisivo español.

No elenco principal de ‘Vamos Juan’ repiten, xunto a Javier Cámara, María Pujalte como Macarena, a súa inseparable directora de comunicación; Adam Jezierski como o seu asistente; Pedro Ángel Roca, antigo chofer do ministro; Joaquín Climent, na pel do implacable Vallejo; ou Cristóbal Suárez como o carismático Recalde.

A filla de Juan na ficción é Esty Quesada, a influencer politicamente pouco correcta coñecida como ‘Soy una pringada’. Ela é agora a xestora de redes sociais do novo partido, como creedes que o fará?

Juan confía no voso voto como audiencia en marzo na televisión R. Non lle podemos fallar!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.