menú

José Mota enfróntase á terceira edición do Roast de Comedy Central

22/02/2019
Blog R

O Roast de Comedy Central (dial 24) tivo nova vítima, o humorista José Mota.

Prepárate para ver como sofre este domingo, día 24, ás 22:05h na televisión  R.

Máis sobre o Roast de Comedy Central

O cómico enfrontouse a unha avalancha de burlas, e críticas cheas de ironía por parte dos familiares, amigos e coñecidos, como por exemplo, Ignatius Farray, Marta González de la Vega, Luis Piedrahita, Miguel Ángel Revilla, Santiago Segura ou Josema Yuste.

O Roast de Comedy Central é un programa de produción propia que xa cumpre a súa terceira edición, para a cal decidiu ter como mestra de ceremonias, ou máis coñecida como “roast master”, á encantadora Anabel Alonso.

Onde está dispoñible

Tes dispoñible Comedy Central en tv series e nos paquetes superiores.

Se aínda non dispós de televisión R e non queres perderte ningunha das nosas estreas, podes acceder á web e contratar o servizo, e así non perder ningún dos teus programas, series ou películas favoritas. A que agardas?

Ademais, se tes rebobina xa tes dispoñibles os Roast anteriores de Santiago Segura e do Gran Wyoming, así como a versión americana con Donald Trump, Justin Bieber, James Franco, Charlie Sheen, Pamela Anderson,… que poderás ver antes do 1 de abril.

Calquera dúbida que atopes, xa sabes onde encontrarnos.

Esperámoste polas nosas canles 

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.