menú

‘Joker’, en Movistar Estrenos

24/06/2020
Blog R

A televisión R vístese de gala para recibir a un dos personaxes cinematográficos máis aplaudidos dos últimos anos: o ‘Joker’ de Joaquin Phoenix. A cita é en Movistar Estrenos o venres 26 de xuño ás 22:00 h.

Gotham City, 1981. Arthur Fleck, un home cun problema neurolóxico que o fai rir en momentos inapropiados, soña con triunfar como cómico. Mentres, traballa como pallaso e vive coa súa nai enferma, Penny, nunha cidade que se derruba e na que o desemprego e o crime campan ás súas anchas. Unha serie de acontecementos converterano nun dos grandes viláns de DC Cómics.

Moito máis que unha película de superheroes

‘Joker’ estreouse no Festival de Venecia, un certame que tradicionalmente premia o coñecido como ‘cine serio’ e gañou o prestixioso León de Ouro malia de tratarse dunha película de superheroes. Porque ‘Joker’ non é unha simple cinta de superheroes, senón unha historia realista con crítica social incluída.

Un personaxe á medida de Joaquin

Joaquin Phoenix non deixou de recibir galardóns dende que se meteu na pel do eterno inimigo de ‘Batman’. Gañou o Óscar e o Globo de Ouro ao Mellor Actor na categoría de Drama como protagonista desta intensa película que se converteu nun enorme éxito de público e crítica e que foi tamén una das triunfadoras do ano na gala dos Óscar. Sabías que é a película inspirada en cómics con máis nominacións da historia?


Difícil esquecer a música que acompaña ao protagonista no seu devir vital. A banda sonora orixinal foi composta pola artista islandesa Hildur Hildur Guðnadóttir, autora tamén da música da miniserie ‘Chernobyl’. E as escaleiras que baixaba o noso protagonista disfrazado de pallaso ao ritmo da música convertéronse en toda unha atracción turística no Bronx.

‘Joker’ está dirixida por Todd Phillips, que ata este momento se centrara na comedia, e coprotagonizada por Robert De Niro.

Lembra, o venres 26 de xuño tes cita con Joker na televisión R. Preparado?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.