menú

‘Jojo Rabbit’, en Movistar Estrenos

21/09/2020
Blog R

Humor e drama en ‘Jojo Rabbit’, a historia dun neno de 10 anos que ten como amigo imaxinario ao mesmísimo Hitler. Descúbrea en Movistar Estrenos o venres 25 de setembro.

O meu amigo imaxinario é Hitler

Alemaña, finais da II Guerra Mundial. Johannes ‘Jojo’ Betzler ten 10 anos, vive coa súa nai Rosie e está a piques de asistir ao seu primeiro campamento das Mocidades Hitlerianas. Está un pouco nervioso, pero tranquilízao falar co seu peculiar amigo imaxinario: Adolf Hitler. Profundamente convencido das bondades nazis, o seu mundo trastórnase cando descobre que a súa nai, que non é afín ao réxime, está a esconder na casa unha moza xudía.

Waititi, de dirixir heroes de cómic a unha comedia sobre nazis

A súa nai na ficción está interpretada por Scarlett Johansson e o debutante Roman Griffin Davis dálle vida ao mozo protagonista de ‘Jojo Rabbit’. Pero se hai alguén especialmente implicado nesta película é Taika Waititi. O director do exitazo ‘Thor: Ragnarok’ cambia radicalmente de estilo e lánzase como guionista, director e actor en ‘Jojo Rabbit’, xa que el mesmo interpreta o personaxe do imaxinario Hitler.

O seu traballo non estivo exento de polémica pola súa particular visión en clave de humor dos nazis pero á súa vez cultivou un bo número de recoñecementos: cinco nominacións aos Óscar, entre eles, Mellor Película e Actriz de Reparto (Scarlett Johansson), conseguindo finalmente o premio ao Mellor Guión Adaptado, o mesmo galardón recibido nos BAFTA 2020.

De feito, a película estreouse ao grande no 44° Festival Internacional de Cine de Toronto, xa que alí recibiu o galardón principal, o People’s Choice Award.

‘Jojo Rabbit’ está baseada na novela ‘El cielo enjaulado’ escrita por Christine Leunens.

Apetéceche coñecer a curiosa historia de ‘Jojo’? Contrata Movistar Estrenos coa nosa opción Cine e a desfrutar.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.