menú

Os ‘shores’ de Xersei volven a MTV

21/10/2020
Blog R

Cantos soñades cunhas vacacións tolas ao máis puro estilo ‘Jersei Shore’? Os auténticos ‘shores’ de Nova Jersey, Deena, ‘Pauly D’, Jenni ‘JWOOWW’, Vinny, Ronnie, ‘Snooki’ e Mike ‘The Situation’, volven a MTV o venres 23 de outubro ás 22:00 h coa terceira tempada de ‘MTVJerseyShore: Vacaciones en familia’.

Despois do reencontro con Mike tras a súa saída do cárcere, a familia Shore ao completo atoparase con novas sorpresas; chorarán e vivirán situacións escandalosas que culminarán co camiño ao altar dun dos membros do grupo.

Sorpresas

Nos novos episodios, os membros da familia Shore chegan dispostos a vivir novas experiencias e, como sempre, a lidar con todos os obstáculos que se van atopando polo camiño. Pase o que pase, e tras anos de amizade, esta familia mantense máis unida que nunca. E se non, que llo pregunten a Mike. Despois do incrible recibimento dos shores tras a súa saída do cárcere, este guido volverá atoparse con máis dunha sorpresa.

Novos retos… e unha voda

Doutra banda, Nicole e Deena continúan desfrutando da súa vida como ‘mamis’ mentres Jenni asume felizmente a súa nova vida tras o divorcio. Ademais, encargaranse de organizar unha despedida de solteira de Angelina ao grande en Nova Orleáns.

Pola súa banda, Vinny atópase no seu mellor momento retomando os carbohidratos e Pauly D está a percorrer o país como DJ. Con todo, Ronnie non consegue atopar a súa paz interior.

Pero isto non é todo, porque este grupo inseparable prepárase para o grande acontecemento do ano: a voda de Angelina. Conseguirán non montar unha lea na cerimonia?

Diversión e broma ao máis puro estilo Shore espérate na nosa televisión R. Apúntaste?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.