menú

A memoria de Jay Rosenblatt, en Play-Doc TV

06/08/2018
Blog R

Play-Doc TV ofrece en agosto un programa especial dedicado á obra do realizador estadounidense Jay Rosenblatt.

A medio camiño entre o documental e o cine experimental, este autor está considerado como un dos grandes mestres contemporáneos do cine ‘found footage’ ou metraxe atopada. A técnica consiste en reapropiarse de materiais fílmicos e imaxes xa existentes, rescatados de bibliotecas, anuncios rexeitados e nunca utilizados con fins comerciais ou arquivos familiares esquecidos para outorgarlles un novo significado. A súa pericia neste campo e as súas obras poéticas e analíticas á vez valéronlle o recoñecemento en moitos festivais, entre eles o prestixioso Sundance.

‘El olor a hormigas quemadas’

Mordaz e provocativo, este ensaio experimental trata sobre as dificultades de ‘facerse un home’, das crueldades internas e externas que os nenos cometen e sofren e de como aprenden a socializar a través do medo, o poder e a vergoña. ‘The Smell of Burning Ants’ (‘El olor a hormigas quemadas’) convida a todos a reflexionar sobre como a nosa sociedade pode privar os nenos da súa plenitude. Aínda que a película é na súa maior parte autobiográfica, a narración en terceira persoa convértea en documento dunha experiencia colectiva.

‘Restos humanos’

‘Restos humanos’ (‘Human Remains’) é un inquietante ‘falso’ documental que ilustra a banalidade do mal a través do retrato íntimo de cinco dos máis desprezados ditadores do s. XX.: Hitler, Mussolini, Stalin, Franco e Mao. Esta obra escura e poética, salpicada de humor negro e ironía, aborda o horror dende un ángulo completamente diferente, convidando o espectador a enfrontarse á natureza do mal.

‘Miembro fantasma’

A película toma o seu título do fenómeno que adoitan experimentar persoas que sufriron unha amputación. A morte do irmán de Rosenblatt, de sete anos, cando el tiña nove, permanece na súa memoria como un recordo doloroso e indeleble. Os seus pais non souberon como afrontar a perda do seu fillo e todos na familia sufriron unha dor indescritible. ‘Miembro fantasma’ (‘Phantom Limb’) lémbranos que o loito advirte da fugacidade da vida. Un documental poético a través do cal se esbozan posibles camiños cara a curación para todo aquel que sufriu unha perda.

‘Me temo que sí’

Baseado nun poema de Jeanne Marie Beaumont, no que cada verso forma unha pregunta cuxa resposta implícita é ‘temo que si’, trata sobre o medo e a ansiedade. A fatalidade inminente impregna todo o filme.

‘La oscuridad del día’

Tras o suicidio dun amigo, Rosenblatt utiliza secuencias de arquivo para abordar o tema do suicidio e outros aspectos inherentes a este, como a depresión, a morte e o illamento. Unha serie de sucesos fálannos dos diferentes modos nos que o suicidio pode ser percibido, contemplado e executado.

‘Sólo quería ser alguien’

Que teñen en común os dereitos relixiosos e o movemento de liberación gai? Ambos víronse fortalecidos polos discursos dunha muller: Anita Bryant. A medio camiño entre o documental e o poema, ‘Sólo quería ser alguien’ transpórtanos ata finais dos anos setenta a través de imaxes de arquivo, anuncios de televisión e as propias películas caseiras de Anita Bryant. Fragmentos desta obra aparecen na película ‘ Milk’, dirixida por Gus Van Sant.

‘The D Train’

Un home ancián reflexiona sobre a fugacidade da vida.

‘Prohibido’

Arríscate! Non o fagas! Isto é América! Faino!… ‘Prohibido’ (‘Restricted’) é unha chamada sobre os impulsos e o autocontrol, ao estilo de Bruce Conner. Esta miniatura foi creada en resposta a unha invitación para facer unha película que tratase sobre a memoria, o pecado e o desexo. Presentada como a parodia dun anuncio de Nike, trata sobre un conflito intrinsecamente americano.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.