menú

‘Into the Badlands’ estrea terceira tempada

23/10/2018
Blog R

O martes 30 de outubro, ás 23:00 h, AMC (dial 2) estrea a primeira parte da terceira tempada da súa serie orixinal ‘Into the Badlands’. Aventura, fantasía e artes marciais na televisión R.

Despois da morte de Veil, Sunny vive fóra do radar, esforzándose por darlle o mellor a Henry, o seu fillo. Cando Henry contrae unha misteriosa enfermidade, Sunny debe unir as súas forzas con Baijie e viaxan de volta a Badlands, onde La Viuda e o Baron Chau manteñen unha longuísima guerra que desestabilizou a rexión.

Sen o apoio de Tacha e Waldo, La Viuda debe atopar novos aliados en Lydia e Nathaniel Moon, o antigo rexente que perdeu a súa man nun enfrontamento con Sunny e Bajie.

Ademais, cando un líder nómada chamado Peregrino chega a Badlands coa misión de restaurar Azra e marcar o inicio dunha nova era de paz, os vellos inimigos deben unirse para defender Badlands.

Aventureiros nunha terra feudal perigosa

‘Into the Badlands’ é unha serie que fusiona xéneros de artes marciais e fantasía, inspirada no clásico conto chinés ‘Journey to the West’.

Conta a historia dun gran guerreiro e un mozo que, nunha terra controlada por baróns feudais, se embarcan nunha viaxe a través de perigosas terras buscando unha mellor vida nun mundo futurista.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.