menú

Incorporamos Extreme Sports

19/12/2018
Blog R

A televisión R suma máis deporte e máis aventura. Extreme Sports incorpórase no dial 77 a partir do mércores 19 de decembro.

A canle máis aventureira

Extreme Sports é unha nova canle de deportes extremos e aventura, tales como surf, skateboard, snowboarding, wakeboarding, motocross, BMX ou FMX.

Na súa grella atopamos competicións en directo, reportaxes, entrevistas e programas que se centran en varias destas disciplinas, como ‘The story of surfing legend Mick Fanning’, ‘Matt Jones: Frames of Mind’, ‘Seb Toots shreds his home mountain’ ou ‘im Nakamura’s commute to school is epic’.

Deporte e tendencias

O deporte xuvenil e as diferentes culturas que xorden ao redor del tamén están presentes na canle, con contidos sobre música, arte e moda que reflicten os gustos e o estilo de vida dos afeccionados a este tipo de disciplinas deportivas.

Se es cliente de tv familia, tv festa, tv total ou tv festa rachada, agora tes Extreme Sports no dial 77. Ademais, os contidos da canle tamén estarán dispoñibles en rebobina.

Desfruta como nunca os deportes de risco e aventura.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Pablo di:

    Que gran noticia chicos cuanto llevaba esperando este canal, muchísimas gracias, espero que pronto puede estar en HD ya que hoy en día el SD pierde demasiada calidad y esu na pena, por lo demás gracias por el regalo anticipado de Navidad!!!