menú

Incorporamos a canle de eSports UBEAT e, de regalo, o Fifa 2019

08/02/2019
Blog R

Os eSports chegan á televisión R con UBEAT, unha nova canle que estará dispoñible no dial 78 a partir do luns 11 de febreiro.

UBEAT é unha canle de televisión na que poderás ver as mellores competicións en directo e toda a actualidade do mundo gaming. Un total de 24 horas ao día con contidos en español dedicados aos eSports.

Máis de 3.000 horas das mellores competicións

UBEAT emitirá os partidos íntegros das ligas máis importantes de eSports a nivel internacional e nacional, con especial atención á Liga de Videoxogos Profesional (LVP).

A Liga de Videoxogos Profesional (LVP) está recoñecida como a Liga Oficial de España pola International Esports Federation e conta con presenza consolidada en Latinoamérica e Reino Unido.

UBEAT conta con contidos e dereitos exclusivos das principais ligas nacionais da LVP e de U-Beat Originals.

Documentais e entrevistas

A canle contará tamén con documentais orixinais que inclúen análises en profundidade dos aspectos máis interesantes, entrevistas e debates coas principais personalidades e rostros de referencia do mundo dos videoxogos e os esports.

A programación da canle inclúe espazos como:

– ‘ENews’, coas novidades das competicións
– ‘Burst’, pequenos vídeos que explican conceptos interesantes para os afeccionados
– ‘E-Jobs’, vídeo documental serielizado sobre facetas profesionais dos eSports
– ‘No-Scope’, con reportaxes en profundidade
– ‘E-street’, enquisas a pé de rúa que poñen a proba os coñecementos sobre gaming
– ‘LOL’, sketches de humor curtos
– ‘TGM – Power Up’, programa editado da man dunha das revistas de referencia do sector
– ‘Casters’, programa de entretemento con peculiares retos

Os eSports, un fenómeno de moda

Os eSports convertéronse en eventos de gran popularidade, con audiencias que evolucionan continuamente e con seguidores fieis que non queren perder nin un detalle das diferentes competicións.

UBEAT estará dispoñible no dial 78 da televisión R se es cliente de tv familia, tv festa, tv total e festa rachada. E tamén o terás en rebobina.

Concurso

Para celebrar a chegada de UBEAT á  televisión R, a canle pon a disposición dos nosos clientes un videoxogo Fifa 2019, para que uses na plataforma que desexes: PlayStation, Xbox, PC…

A dinámica do concurso é moi sinxela. Faremos unha pregunta nas nosas redes sociais e só tes que contestar ao que preguntamos. Consulta as bases legais.

Fifa 2019

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

36 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Marcos Gonzalez Rodriguez di:

    Eu botaria unhas boas partidas con meu irman, moi fan dos videoxogos de futbol!!

  2. Enrique Vazquez di:

    Con cualquiera que se preste a jugar!!!!

  3. Daniel Santos di:

    Xogaria co meu irmá, haber si lle gano dunha vez.

  4. Eva di:

    Hola. No puedo ver las bases del concurso. Si pincho en el enlace me lleva a otro pdf. Gracias

  5. Homar di:

    Yo las echaria con mi hijo le haria mucha ilusión

  6. Santi di:

    Eu xogaria coa miña parella para decidir quen fai as tareas da casa

  7. Celia María Varela Amil di:

    Con mi hermano para dejarlo callado.

  8. Antonio di:

    Xogaría co Comunnity manager de R, que cada vez ten mais choio

  9. Tatiana di:

    Xogaria co meu mozo que encantalle o FIFA è ten todos os de anos anteriores! Ademais falta pouco pa q cumpla anos e sería un detallazo de R

  10. Miguel Gómez Vilan di:

    Con mi hijo Álvaro, un crack del fifa

  11. Shaila di:

    Yo jugaría con mi niño, que le encanta el fútbol.

  12. Javier di:

    Pois votaría unhas partidiñas como meu fillo, encantalle xogar a videoxogos e así pasariamos un ratiño divertido.

  13. Marta di:

    Pasaría horas jugando con mi mejor amigo, así las horas parecen segundos……

  14. Javier di:

    Con calquera dos meus fillos. A ver si consigo gañar de unha vez.(Bueno, con empatar conformariame).

  15. RAQUEL RUIZ di:

    yo no jugaría ni aunque me paguen, pero bueno se lo dejaría a mi hijo. A ver si regalamos otros juegos que no sean futbol, futbol, futbol…

  16. cristina gonzalez lopez di:

    Xogaría co mozo e sobriños

  17. Rosa di:

    Estamos a dia 13,de febreiro,e o canal 78,non se ve!!!

  18. Gustavo di:

    Por favor metedeo pra TV Ocio tamén. Non podo velo.