menú

‘I Am the Night’, nova serie en TNT

11/02/2019
Blog R

Chega a TNT (dial 22) a miniserie ‘I Am the Night’, un descenso aos recunchos máis escuros do Hollywood da década de 1960. A cita é o mércores 27 de febreiro ás 23:05 h. Mergúllate nun dos maiores misterios da cidade do cine coa televisión R.

‘I Am the Night’ é o resultado do dueto creativo de luxo formado por Patty Jenkins, a soada directora de ‘Wonder Woman’, que dirixe dous episodios e por Chris Pine, un dos actores máis cotizados de Hollywood. Trátase dun thriller de seis capítulos escrito por Sam Sheridan.

Segredos en Hollywood

Baseada en feitos reais, ‘I Am the Night’ conta a incrible historia de Fauna Hodel (India Esley), unha moza que foi entregada en adopción ao nacer. A medida que Fauna vai sacando á luz feitos sobre as súas orixes, o crebacabezas do seu pasado complícase cada vez máis.

A súa investigación lévaa á pista do doutor George Hodel (Jefferson Mays), o xinecólogo de Hollywood que, a finais da década de 1940, se viu involucrado nun dos crimes máis abominables da época: o asasinato da Dalia Negra. O seu nome apareceu en varias investigacións, pero nunca foi condenado.

Chris Pine poñerase na pel de Jay Singletary, un exmarine metido a reporteiro a través do cal coñeceremos esta arrepiante historia.

Completan o elenco Leland Orser (‘Berlin Station’), Connie Nielsen (‘Wonder Woman’, ‘FBI’), Justin Cornwell (‘Training Day’) e Golden Brooks (‘Yellowstone’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.