menú

Al Pacino, á caza de nazis en ‘Hunters’

19/02/2020
Blog R

Imos de caza na televisión R. Obxectivo: nazis. Dirixe a operación o mismísimo Al Pacino. Úneste?

‘Hunters’ é un thriller de conspiración ambientado a finais dos anos 70 no que un grupo de cazadores de nazis se poñen en marcha cando descobren que centos de altos cargos nazis viven nos Estados Unidos e conspiran para crear nel un Cuarto Reich. A serie está dispoñible dende o venres 21 de febreiro en Amazon Prime Video, accesible dende a túa televisión R.

De caza en grupo

Al Pacino é Meyer Offerman, un sobrevivente do Holocausto que exercerá de cerebro da operación e que recruta a Jonah Heidelbaum para o grupo ‘The Hunters’ despois de que a súa avoa fose asasinada en misteriosas circunstancias.

O grupo de cazadores é tan variado como especializado: hai un xenio do disfrace, unha experta en fechaduras e caixas fortes, espías… Temos dez episodios por diante para confirmar a eficacia do grupo.

Humor e sangue

Intriga, acción, historia e humor ‘con moito sangue’. A serie di estar baseada en feitos reais, aínda que non se trata dun feito único e concreto, senón dunha recompilación de historias dos grupos de cazadores de nazis que xurdiron tras a Segunda Guerra Mundial.

Al Pacino, unha lenda do cine

‘Hunters’ é a segunda serie de televisión para Al Pacino, 17 anos despois do seu papel protagonista en ‘Ángeles en América’, a miniserie de HBO que levou o drama da SIDA á pequena pantalla e que se converteu nun gran éxito na época.


É un dos actores máis recoñecidos. Aínda que o seu traballo máis recente, ‘El Irlandés’, acaba de marchar de vacío nos Óscar malia as súas 10 nominacións, é posuidor da chamada tripla coroa: Óscar (cine), Tony (teatro) e Emmy (televisión).

De orixe siciliana, actor de método, un tanto algareiro e devoto ‘shakespeariano’, no cine vímolo como policía, atracador, narcotraficante, xudeu avaricioso, invidente ou como o inesquecible Michael Corleone de ‘El Padrino’. Sabedes onde non o vimos? En ‘Star Wars’, xa que rexeitou o papel de Han Solo.

Unha grande aposta

‘Hunters’ é o último proxecto de Jordan Peele, o comediante e director que triunfou coa película ‘Déjame salir’, unha mestura de terror psicolóxico e drama racial que conquistou a público e crítica e que gañou o premio Óscar ao Mellor Guión Orixinal.

A temática nazi non é nova para Amazon Prime Vídeo. Acordádesvos de ‘The Man in the High Castle’? A serie contaba unha historia que nunca sucedeu: os aliados perdían a Segunda Guerra Mundial e Hitler e o emperador Hirohito repartíanse os Estados Unidos.


Nesta ocasión, tiraron a casa pola xanela coa promoción da súa nova serie, con anuncio incluído durante a Super Bowl.

Amazon ten claro que a nova serie será un auténtico exitazo. Comprobámolo? Benvidos á cazaría!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.