menú

‘House of Cards’ despídese en M. Series

29/10/2018
Blog R

Unha das series máis populares da televisión, ‘House of Cards’, estrea en Movistar Series (dial 30) a súa sexta e última tempada o sábado 3 de novembro, en formato maratón. Descobre o final de ‘House of Cards’ na televisión R.

O momento de Claire Underwood

Chegou o final. Chegou o momento de Claire Underwood. Tras anos esperando a súa oportunidade e ata enfrontándose en varias ocasións ao seu marido Frank, presidente dos Estados Unidos, Claire consegue o que ansiaba.

Esta última entrega de ‘House of Cards’ entrégalle todo o protagonismo a Claire Underwood, interpretada por Robin Wright, tras o controvertido despedimento da serie de Kevin Spacey motivado polas acusacións de acoso sexual nas que se viu implicado.

Unha serie emblemática da televisión

‘House of Cards’ é un thriller político baseado na novela de Michael Dobbs e que é unha adaptación da serie inglesa homónima da BBC de 1990.

A sexta tempada conta con varias incorporacións de renome ao elenco, como Diane Lane (‘Infiel’) e Greg Kinnear (‘Mejor imposible’). Ademais, volven á serie Michael Kelly, Jayne Atkinson, Constance Zimmer, Patricia Clarkson e Campbell Scott.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.