
Historia analiza o escándalo Clinton-Lewinsky
Historia (dial 52) estrea ‘The Clinton Affair’ o martes 12 de febreiro ás 22:00 h. A serie aborda o escándalo e o proceso que estiveron a piques de custarlle a presidencia dos EE.UU. a Bill Clinton. O escándalo Clinton-Lewinsky, na televisión R.
Un proceso contra un presidente
O proceso foi a consecuencia dunha investigación iniciada en xaneiro de 1998 para tratar de esclarecer a aventura extramarital do presidente Clinton coa bolseira Monica Lewinsky durante a súa presidencia.
A serie percorre aqueles acontecementos ao longo de seis episodios nos que, co estilo dos mellores thrillers políticos, van debullándose as claves e detalles dun evento que marcou a política estadounidense de finais do século XX.
20 anos
‘The Clinton Affair’ estréase xusto 20 anos despois de que o Presidente Clinton fose exonerado de todos os seus cargos por parte do Senado dos Estados Unidos.
A serie inclúe material de arquivo nunca antes visto. Está producida polo gañador dun Oscar da Academia e un Emmy, Alex Gibney, e dirixida polo gañador dun Emmy, Blair Foster.
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.