menú

Historia embárcanos en “La primera vuelta al Mundo”

09/09/2019
Blog R

Imos de viaxe na televisión R. Historia estrea o domingo 22 de setembro, ás 22:00 h, unha nova serie de produción propia que aborda unha aventura tan trepidante como descoñecida en “La primera vuelta al Mundo”.

O 20 de setembro de 1519, cinco naves partiron do porto de Sanlúcar co obxectivo de atopar un paso na ruta das especias polo oeste e converter ao Imperio Español na principal potencia subministradora de especias do mundo.

Unha misión entre dura e imposible

Ninguén imaxinaba o que lles esperaba, nin sequera os seus propios protagonistas sospeitaban que serían os primeiros en abrazar e medir a cintura do mundo. A súa misión non estaba exenta de riscos; a coraxe e a superstición conviviron coa loita pola supervivencia. Dos 256 homes que partiron, só 18 volveron a España.

Todo estaba por facer

A principios do século XVI, o mundo estaba sen debuxar, todo estaba por facer e algo tan cotián como as especias foron o motor da Historia. Seis episodios nos que esta xesta histórica é contada por primeira vez con todo luxo de detalles e contextualizada mirando cara á nosa sociedade actual.

A serie está repleta de anécdotas curiosas e sorprendentes, conta cos mellores especialistas na materia e con entrevistas ficcionadas a Magallanes e Elcano.

Como ver “La primera vuelta al Mundo”

Só debes ter a opción total da túa televisión R. Apunta os diais:

  • Galicia: dial 52
  • León e Cantabria: dial 50

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.