menú

Historia analiza os misterios das pirámides

04/06/2019
Blog R

Historia estrea “El misterio de las pirámides” o martes 11 de xuño ás 22:00 h. Descubre os segredos das pirámides na televisión R.

Como se construíron as pirámides?

A construción das pirámides exipcias segue a ser un misterio sen resolver. Moitas delas aínda non se descubriron e outras clases de vestixios permanecen enterrados. Na actualidade, exiptólogos e arqueólogos desenvolveron unha nova ferramenta para obter imaxes aéreas e de satélite que lles están a proporcionar novas e valiosas pistas sobre a situación, construción e evolución destes monumentos.

En “El misterio de las pirámides”, nove delas serán exploradas dende unha perspectiva inédita, entre as que destacan a fascinante pirámide graduada de Zoser; a enigmática Pirámide Acodada e a próxima Pirámide Vermella. Por medio de infografías, imaxes de satélite e aéreas de última xeración, esta serie quere descifrar os misterios da construción das pirámides e recrear o Exipto de hai máis de cinco mil anos.

É a primeira vez que un dron filma sitios arqueolóxicos de Exipto, dende O Cairo ata Meidum, para revelar os seus tesouros ocultos.

Como ver “El misterio de las pirámides” en R

Podes ver “El misterio de las pirámides” se tes contratada a opción tv familia de televisión R. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 52
  • León e Cantabria: dial 50

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.